Buscar candidatos na Unión Europea

Se vostede busca candidatos en Portugal para cubrir un posto de traballo na súa empresa o EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal ofrécele, a través dos seus Conselleiros EURES, axuda especializada para a procura de candidatos e información sobre trámites da contratación e das condicións de vida e traballo dos cidadáns europeos que viven nun país e traballan noutro.
Pasos a seguir:

  1. Presentar o Modelo de Oferta de Emprego cuberto na oficina de emprego que corresponde polo domicilio social da empresa.
    http://emprego.xunta.es/cmspro/contido/ofertantesEmpleo/ofertasEmpleo/tramiteOferta/
  2. Expoñer ao técnico de ofertas da oficina de emprego o seu interese en realizar unha difusión a través de EURES e recrutar especialmente en Portugal.
    En breve o Conselleiro EURES Transfronteirizo da súa provincia poñerase en contacto con vostede para tramitar a súa solicitude.
    http://emprego.xunta.es/cmspro/contido/demandante/eures/euresTransfronteirizo/

Recomendacións

  • Defina claramente as capacidades, competencias e cualificacións específicas que se necesitan para desempeñar os postos de traballo ofertados.
  • Considere que pode levarlle máis tempo atopar candidatos doutros países europeos e estableza prazos realistas.