Vive em Portugal para trabalhar em Portugal (Contrataçao de empresa não residente)

Empresa con sede en Galicia desexa contratar un traballador con residencia en Portugal para que desenvolva a súa actividade laboral en (ou desde) Portugal (contratación por empresa non residente)

Lexislación Laboral

Aplícase o Regulamento (CE) Nº 593/2008 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de xuño de 2008 sobre a Lexislación Aplicable ás Obrigacións Contractuais (Roma I).

Norma xeral. Artigo 3: O contrato réxese pola lei elixida polas partes.

Norma aplicable aos contratos individuais de traballo. Artigo 8.2.: Se a lei aplicable ao contrato individual de traballo non fose elixida polas partes o contrato rexerase pola lei do país no que (ou a partir do que) o traballador presta habitualmente o seu traballo (Portugal) en execución do contrato (lex loci laboris).

Seguridade Social

O art. 11.3.a) do Regulamento (CE) n.º 883/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, sobre Coordinación dos Sistemas de Seguridade Social, establece que a persoa que exerce unha actividade como traballador por conta allea ou propia nun Estado Membro (Portugal) estará suxeita á lexislación de Seguridade Social dese Estado Membro (Portugal). Isto significa que a empresa debe dar de alta ao traballador na Seguridade Social portuguesa e debe ingresar na Seguridade Social portuguesa as cotizacións patronais e as do traballador.

  • Trámites a realizar pola empresa de Galicia na Seguridade Social de Portugal:

Inscribirse na Segurança Social portuguesa (artigo 21º do Regulamento Comunitario 987/2009).Para a inscrición nesta última, deberá achegar os documentos seguintes:

Formulario de inscrición debidamente cuberto e asinado

Contrato individual de traballo celebrado entre a empresa con sede en Galicia e o traballador residente en Portugal (en Portugal non existen modelos formais de contrato de traballo)

Fotocopia do DNI (Cartão de Cidadão) do traballador

Fotocopia do acordo celebrado entre a empresa e o representante desta, en virtude do cal este último se compromete a cumprir as obrigas da Seguridade Social correspondentes á empresa.

Obrigacións Fiscais

Están suxeitas a IRS (Imposto sobre os Rendimentos das Pessoas Singulares) as persoas físicas que residan en territorio portugués (art. 13 IRS). O IRS incide sobre a totalidade dos seus rendementos, incluíndo os obtidos fóra de Portugal (art. 15 IRS).

Se consultamos o Convenio para evitar a Dobre Tributación entre España e Portugal, o art. 15 establece, en relación aos servizos persoais dependentes, que os salarios e remuneracións obtidos por un residente en Portugal só poden ser sometidos a tributación en Portugal, a non ser que o emprego se exerza en España.

Coa finalidade de determinar se o traballo podería ser entendido como exercido en Portugal ou en España, temos que referirnos aos Comentarios ao artigo 15º do Modelo de Convenio Tributario da OCDE sobre o Imposto da Renda (a continuación MC OECD), que afirma o seguinte: “(…) o traballo mencionado é realmente realizado no local onde o empregado está fisicamente presente ao executar as actividades polas cales é pagado o referido rendemento. Como consecuencia deste principio, un residente dun Estado contratante que recibe unha remuneración, en concepto de traballo dependente, procedente de fontes situadas no outro Estado, non pode estar suxeito a tributación nesoutro Estado en relación a esa remuneración polo mero feito de que os resultados do seu traballo sexan explotados naqueloutro Estado.

  • Trámites a realizar pola empresa de Galicia na Autoridade Tributaria de Portugal

A empresa con sede en Galicia ten que constituírse fiscalmente como una sociedade estranxeira sen establecimiento permanente en Portugal. Para isto, a empresa:

1.Deberá inscribirse no Registo Nacional de Pessoas Coletivas. A inscrición neste Rexistro é necesaria para obter o Número de Identificación de Persoa Colectiva (NIPC), que lle permitirá iniciar a súa actividade en Portugal.

Trámites

  • Trámites a realizar pola empresa de Galicia na Autoridade Tributaria de Portugal

A empresa con sede en Galicia ten que constituírse fiscalmente como una sociedade estranxeira sen establecimento permanente en Portugal. Para isto, a empresa:

  1. Deberá inscribirse no Registo Nacional de Pessoas Coletivas. A inscrición neste Rexistro é necesaria para obter o Número de Identificación de Persoa Colectiva (NIPC), que lle permitirá iniciar a súa actividade en Portugal.
  • Trámites a realizar pola empresa de Galicia na Seguridade Social de Portugal:
  1. Inscribirse na Segurança Social portuguesa (artigo 21º do Regulamento Comunitario 987/2009).

Para a inscrición deberá achegar os documentos seguintes:

    • Formulario de inscrición debidamente cuberto e asinado
    • Contrato individual de traballo celebrado entre a empresa con sede en Galicia e o traballador residente en Portugal (en Portugal non existen modelos formais de contrato de traballo)
    • Fotocopia do DNI (Cartão de Cidadão) do traballador
    • Fotocopia do acordo celebrado entre a empresa e o representante desta, en virtude do cal este último se compromete a cumprir as obrigas da Seguridade Social correspondentes á empresa.