Vive en Portugal para traballar en Portugal (Contratación de empresa non residente)

  • Trámites Fiscais
  • Nomeamento de Representante
  • Trámites na Seguridade Social Portuguesa

Trámites a realizar
A empresa con sede en Galicia ten que constituirse fiscalmente como unha sociedade estranxeira sen establecimiento permanenteen Portugal. Para isto:

  1. Deberá inscribirse no “Registo Nacional de Pessoas Coletivas”. A inscrición neste Registro é necesaria para obter oNúmero de Identificación de Persoa Coletiva (NIPC), que lle permitirá iniciar a súa actividade en Portugal.
  2. Inscribirse na Segurança Social portuguesa (artículo 21º do Regulamento Comunitario 987/2009).
    Para a inscrición nesta última, deberá achegar os documentos seguintes:

    • Formulario de inscrición debidamente cuberto e asinado.
    • Contrato individual de traballo celebrado entre a empresa con sede en Galicia e o traballador residente en Portugal (en Portugal non existen modelos formais de contrato de traballo).
    • Fotocopia do DNI (Cartão de Cidadão) do traballador.
    • Fotocopia do acordo celebrado entre a empresa e o representante desta, en virtude do cal este último se compromete a cumprir as obrigas da Seguridade Social correspondentes á empresa.