SISTEMA FISCAL

IMPOSTO SOBRE O RENDEMENTO: IRS E IRPF

DIFERENTES SITUACIONS NAS QUE SE PODE ATOPAR UN TRABALLADOR FRONTEIRIZO

I - TRABALLADORES POR CONTA ALLEA - CASO PRATICO 3

DESTACAMENTO PURO DUN TRABALLADOR ESPAÑOL

DESTACAMENTO PURO DUN TRABALLADOR PORTUGUES


CASO PRACTICO 3: DESTACAMENTO PURO DUN TRABALLADOR ESPAÑOL

Don X é un traballador español que traballa por conta allea nunha empresa española, con sede en Vigo. Entretanto é destacado para traballar nunha sucursal da empresa española, en Portugal, con sede en Valença, durante 183 días, regresando a España tódolos fins de semana. A persoa ten a súa residencia habitual en Galicia, onde ten a súa casa. Está casado e ten dous fillos, que tamém residen en Galicia. A remuneración, unha vez destacado, é pagada pola sucursal.

CUESTIONS

a) ¿A efectos fiscais onde é considerado residente?

    En España.

    De acordo coa lexislación española, Don X é considerado residente en España posto que permanece en territorio español máis de 183 durante o ano natural.

    De acordo coa lexislación portuguesa, Don X non é considerado residente en Portugal, a efectos fiscais, na medida en que non permanece en territorio portugués máis de 183 dias, seguidos ou intercalados, durante o ano civíl, e ademáis non dispón nese territorio ó 31 de Decembro dese ano, dun aloxamento en condicións que fagan supoñer que o traballador ten a intención de convertilo e ocupal como se fose a súa residencia habitual.

b) ¿A efectos do imposto sobre o rendemento en que país tributan os rendementos obtidos en Portugal?

    En Portugal pola renda alí obtida e en España polas rendas mundialmente obtidas (incluindo as obtidas en territorio portugués), tendo dereito a aplica-la deducción por dobre imposición internacional.

    De acordo co artigo 15º n.º2, da CDT, tributan en Portugal os rendimentos ahí obtidos xa que as remuneracións son abonadas por un establecemento permanente que a entidade patronal española ten en Portugal.

    Ademáis como Don X é residente fiscal en España tributará nese territorio pola súa renda mundial, incluindo os rendementos obtidos en Portugal.

c) ¿A entidade patronal que paga os rendementos debe proceder á retención na fonte sobre aqueles?

d) ¿Que taxa? ¿É necesario que traballador presente algún documento a estes efectos ¿E o final do ano, existe algún axuste sobre o imposto retido e o imposto final? ¿É necesario presentar algún modelo para o correspondente axuste?

Don X será considerado non residente en Portugal onde tributará, de acordo co CIRS, polos rendementos que se consideran obtidos alí. A retención na fonte efectúase ó porcentaxe do 25%, de acordo co artigo 74º do Código de IRS.

Como Don X é residente en España, e debe tributar polos rendementos mundialmente obtidos, declarará o rendemento de traballo realizado en Portugal no seu correspondente IRPF tendo en conta que se considerarán rendas exentas ata un límite de 3.500.000 ptas. posto que se trata de rendementos de traballo percibidos por traballos efectivamente realizados no estranxeiro que tributaron por un imposto similar ó español (art. 7.p. LIRPF).

Se a pesar da exención anterior parte do rendemento quedase suxeito a tributación estaremos perante unha situación de dobre tributación que terá que ser resolta de acordo co art. 23º da CDT. Don X poderá deducir da cuota líquida do seu IRPF a menor das seguintes cantidades:

A deducción por dobre imposición internacional realizase na mesma declaración do IRPF (modelos pendentes de aprobación na data de redacción deste manual), sen necesidade de adxuntar ningún documento adicional.

A entidade patronal deberá expedir unha declaración, ata o 20 de Xaneiro de cada ano, onde conste os rendementos debidos no ano anterior e o imposto retido na fonte no caso de que se lle practicase algunha retención.

A entidade patronal está obrigada a presentar anualmente o Modelo 130 (ver anexo II), relativo ó pago de rendementos a persoas non residentes.

e) ¿A residencia fiscal e a tributación serían as mesmas no suposto de que Don X tivera tamén unha casa en Portugal ó 31 de Decembro do corrente ano?


CASO PRACTICO 3 BIS: DESTACAMENTO PURO DUN TRABALLADOR PORTUGUES

Don X é un traballador portugués que traballa por conta allea nunha empresa portuguesa con sede en Valença. Entretanto, é destacado para traballar nunha sucursal da empresa portuguesa en España con sede en Vigo, durante 183 días, regresando a Portugal tódolos fins de semana. A persoa ten a súa residencia habitual en Valença, onde posee casa. Está casado e ten dous fillos, que tamén residen en Valença. A remuneración, unha vez destacado, é pagada pola sucursal.

CUESTIONS

a) ¿A efectos fiscais onde é considerado residente?

    En Portugal.

    De acordo coa lexislación portuguesa, Don X é considerado residente en Portugal, a efectos fiscais, na medida en que permanece en territorio portugués máis de 183 dias, seguidos ou intercalados, durante o ano civíl, e ademáis dispón nese territorio ó 31 de Decembro dese ano, dun aloxamento en condicións que fagan supoñer que o traballador ten a intención de convertilo e ocupal como se fose a súa residencia habitual.

    Non se considerará residente fiscal en España posto que non permanece en territorio español durante máis de 183 días durante un ano natural.

b) ¿A efectos do imposto sobre o rendemento en que país tributan os rendementos obtidos en España?

    En España polo IRNR e en Portugal polas rendas mundialmente obtidas (incluindo as obtidas en territorio español), tendo dereito a un crédito de imposto.

    De acordo co artigo 15º n.º2, da CDT, tributan en España os rendimentos ahí obtidos xa que as remuneracións son abonadas por un establecemento permanente que a entidade patronal portuguesa ten en España.

    Ademáis como Don X é residente fiscal en Portugal tributará nese territorio pola súa renda mundial, incluindo os rendementos obtidos en España.

c) ¿A entidade patronal que paga os rendementos debe proceder á retención na fonte sobre aqueles?

    Si.

d) ¿Que taxa? ¿É necesario que o traballador presente algún documento a estes efectos? ¿E o final do ano, existe algún axuste sobre o imposto retido e o imposto final? ¿É necesario presentar algún modelo para o correspondente axuste?

    Don X será considerado non residente fiscal en España onde tributará polo Imposto Sobre a Renda de Non Residentes polas rendas que se entendan obtidas nese país. O pagador do rendemento deberá practicar unha retención na fonte do 25% sobre a cuantía íntegra devengada, sin que sexa deducible cantidad algunha. O modelo que se debe presentar será o 216 (ver anexoIV). O pagador deberá expedir a favor do Don X unha certificación acreditativa das retencións practicadas e comunicarlle a retención practicada no momento en que satisfagan o rendemento, indicando a porcentaxe aplicada. Don X non estará obrigado a presentar ningunha declaración en España.

    Se Don X obtivese máis do 75% da súa renda mundial en España podería optar por tributar en España aplicando os cálculos do IRPF, para o cal deberase dirixir á AEAT quen determinará o importe resultante tendo en conta a súa renda mundial e devolverá o exceso se o resultado é inferior ó importe retido.

    Sendo considerado residente en Portugal, Don X tributará polos rendementos mundialmente obtidos, e posto que en España se practicou unha retención na fonte, en Portugal terá dereito a un crédito de imposto, de acordo co art. 23º da CDT. O Código de IRS non prevé unha deducción na cota do IRS por dobre tributación internacional no que concerne a rendementos de traballo dependente, non obstante aplicaranse directamente as normas da CDT, a través do procedimento amigable (impulsado ante as autoridades fiscais da area de residencia do beneficiario). Efectivamente, cando o método de imputación non é utilizado na lexislación interna dun Estado, este estado deberá establecer normas para a aplicación do artigo 23º, depois de consultada, se fose necesario, a autoridade competente do outro estado contratante.

    Deberá acompañar á declaración do IRS o anexo J (rendementos obtidos no estranxeiro). Ver anexo VII.

e) ¿A residencia fiscal e a tributación serían as mesmas no suposto de que Don X tivera tamén unha casa en Portugal ó 31 de Decembro do corrente ano?