SISTEMA FISCAL

IMPOSTO SOBRE O RENDEMENTO: IRS E IRPF

DIFERENTES SITUACIONS NAS QUE SE PODE ATOPAR UN TRABALLADOR FRONTEIRIZO

II— TRABALLADORES INDEPENDENTES - CASO PRATICO 2

PRESTACION DE SERVICIOS NO TERRITORIO PORTUGUES A TRAVES DE PERSOAS XURIDICAS CON SEDE NO MESMO TERRITORIO

PRESTACION DE SERVICIOS NO TERRITORIO ESPAÑOL A TRAVES DE PERSOAS XURIDICAS CON SEDE NO MESMO TERRITORIO


CASO PRACTICO 2: PRESTACION DE SERVICIOS NO TERRITORIO PORTUGUES A TRAVES DE PERSOAS XURIDICAS CON SEDE NO MESMO TERRITORIO

Don X, traballador español, exerce unha actividade independente como médico en España - Tui. Non obstante, desprázase tódolos días a Portugal, Valença para prestar consultas médicas nunha clínica privada, entre as 18.00 p.m e as 20.00 p.m., regresando a Tui. Ten a súa casa en Tui. Está casado e ten dous fillos, que tamén viven en España.

CUESTIONS

a) ¿A efectos fiscais onde é considerado residente?

    En España.

    De acordo coa lexislación portuguesa, Don X non é considerado residente en Portugal, a efectos fiscais, xa que non permanece en territorio portugués máis de 183 días, seguidos ou intercalados, durante o ano civíl.

    Conforme á lexislación española é considerado residente fiscal en España por permanecer durante máis de 183 días, durante un ano natural, en territorio español.

b) ¿A efectos do imposto sobre o rendemento en que país tributan os rendementos obtidos en Portugal?

    En España.

    De acordo co artigo 14º n.º1, da CDT, tributan en España os rendementos obtidos en Portugal, xa que Don X non dispón dunha instalación permanente para o exercicio das súas actividades.

c) ¿Como tributan eses rendementos?

    Don X tributará en España polo IRPF pola súa renda mundial incluíndo os rendementos da actividade económica realizada en Portugal.

    En Portugal, Don X deberá presentar un certificado de residencia fiscal á entidade pagadora dos rendementos, debidamente cotexado polas autoridades tributarias españolas, para que no momento do pago polos servicios prestados na clínica, ésta non proceda á retención na fonte de imposto. O certificado de residencia fiscal é válido para o ano da súa expedición. Don X deberá pasa-la factura sobre os rendementos obtidos. A clínica deberá presenta-lo Modelo 130 (Anexo II), ata o 31 de Maio de cada ano, relativo a rendementos pagados a non residentes do ano anterior, independentemente de que non se retivera na fonte, xunto co certificado de residencia fiscal.

d) E se as consultas médicas foran prestadas en casa dos enfermos, ¿altérase algún procedemento?

Non se alteran as respostas no que concerne á lexislación portuguesa e á española.

 


CASO PRACTICO 2 BIS: PRESTACION DE SERVICIOS NO TERRITORIO ESPAÑOL A TRAVES DE PERSOAS XURIDICAS CON SEDE NO MESMO TERRITORIO

Don X, traballador portugués, exerce unha actividade independente como médico en Portugal - Valença. Non obstante, desprázase tódodos días a España, Tui, para prestar consultas médicas nunha clínica privada, entre as 18.00 p.m e as 20.00 p.m., regresando a Valença. Ten a súa casa en Valença. Está casado e ten dous fillos, que tamén viven en Portugal.

a) ¿A efectos fiscais onde é considerado residente?

    En Portugal.

    De acordo coa lexislación portuguesa, Don X é considerado residente en Portugal, a efectos fiscais, na medida en que permanece en territorio portugués máis de 183 días, seguidos ou intercalados, durante o ano civíl, e ahí posee un aloxamento que ocupa como residencia habitual.

    Non será considerado residente fiscal en España a non ser que radique no territorio español o núcleo principal dos seus intereses económicos.

    No caso de ser considerado residente fiscal polas lexislacións de ámbolos dous países pola CDT será considerado residente en Portugal, porque ahí dispón dunha habitación permanente.

b) ¿A efectos do imposto sobre rendemento en que país tributan os rendementos obtidos en Portugal?

    En Portugal.

    De acordo co artigo 14º n.º1, da CDT, tributan en Portugal os rendementos obtidos en España, posto que Don X non dispón dunha instalación permanente para o exercicio das súas actividades.

c) ¿Como tributan eses rendementos?

    Don X tributará en Portugal, posto que o IRS incide sobre a totalidade dos seus rendementos, incluíndo os obtidos fora dese territorio.

    En España Don X deberá presentar un certificado de residencia fiscal, debidamente cotexado pola Oficina de Finanzas Portuguesa onde é residente, á entidade que paga os rendementos para que ésta non proceda a practicar retención en la fuente. No certificado debe constar que o contribuínte é residente no sentido definido no CDT. Terá unha validez dun ano desde a data da súa expedición.

    O certificado de residencia fiscal deberá ser adquirido en calquer Tesorería da Facenda Pública (ver Modelo — Anexo III) e autenticado en calquer Oficina de Finanzas.

    A entidade pagadora do rendemento deberá presentar declaración negativa de retencións mediante o modelo 216 (ver anexo IV) adxuntando o orixinal do certificado de residencia en Portugal aportado polo Don X.

d) E se as consultas médicas foran prestadas en casa dos enfermos, ¿Alteraríase algún procedemento?