SEGURIDADE SOCIAL

ESPAÑA

2.1.1. PRESTACIONS SOCIAIS NAS SITUACIONS DE INCAPACIDADE TEMPORAL

SUPOSTO PRACTICO 1
Don xxx é un traballador fronteirizo portugués que traballa por conta allea nunha empresa española con sede en Vigo. A súa residencia habitual está en Portugal onde convive coa súa muller e dous fillos que dependen do traballador.

SUPOSTO PRACTICO 2
Don xxx é un traballador español que presta os seus servicios para unha empresa española con sede en Galicia. Este traballador vive en Vigo coa súa muller e dous fillos que dependen del.
A empresa que o contratou ten unha filial/sucursal en Portugal e decide desprazar o seu traballador a Portugal para que preste servicios durante tres meses na empresa portuguesa, conservando o vínculo laboral coa empresa española. Non obstante, o traballador mantén a súa residencia en Galicia.

CUESTIONS

a) En que país y a que organismo pagará o traballador as súas contribucións á Seguridade Social.

    En España.

    Este traballador ten que cotizar ó Réxime Xeral da Seguridade Social española na medida en que presta servicios para unha empresa sita en España.

    Precisamente o Regulamento CEE n.º 1408/71 no seu artigo 13.2.a. establece como regra xeral que o traballador por conta allea quedará sometido á lei do país onde traballa.

    E obriga do empresario afiliar e dar de alta ó traballador no Réxime Xeral a través da Tesorería Xeral da Seguridade Social española antes de que empece a presar servicios na empresa.

    Asimesmo, o responsable do ingreso efectivo da totalidade das cotas na Seguridade Social é a empresa (tanto con respecto ás cotas que debe abona-lo empresario como ás cotas que lle corresponden ó traballador).

b) Se o traballador ou algún dos membros da súa familia se poñen enfermos e queren facer unha consulta médica onde deberán acudir e que procedemento han de seguir.

Fundamentación xurídica: Artigo 18 e ss do Regulamento CEE n.º 1408/71 e artigo 17 e ss do Regulamento de aplicación CEE n.º 574/72.

O traballador

O traballador fronteirizo poderá obte-la asistencia sanitaria tanto en España (país onde traballa) como en Portugal (país de residencia).

En ámbolos dous países a través dos médicos do Servicio Público de Saúde (en Galicia as competencias corresponden o SERGAS — Servicio Galego de Saúde -)

No suposto de que o traballador non presente este certificado, entón o organismo portugués dirixirase ás autoridades españolas para obtelo a través do modelo E-107. Ver anexo 3.

Entendemos que en Portugal se lle debería asignar un médico de cabeceira para tódalas consultas que necesitase facer.

Os membros da súa familia (muller e os dous fillos)

Segundo a lei española son beneficiarios da asistencia sanitaria os familiares ou asimilados do traballador, é dicir, aquelas persoas que convivan con él e as súas expensas sempre que:

Entendemos que en Portugal se lles debería asignar un médico de cabeceira para tódalas consultas que necesitasen facer.

Se precisan unha consulta médica irán o médico de cabeceira que lle corresponde ó traballador.

Incluso o Sistema da Seguridade Social española permite incluir como beneficiaria, a través dese mesmo formulario, á muller do traballador que estea embarazada e queira vir a Galicia a dar a luz.

Finalmente, cómpre indicar que as condicións e amplitude da asistencia sanitaria que tanto o traballador como os membros da súa familia poidan recibir en Portugal, será de acordo co que dispoña a lexislación do seu país de residencia, de tal maneira que se, por exemplo, os medicamentos son máis caros en Portugal, a institución española non ten a obriga de reembolsa-la diferencia do gasto.

c) Se como resultado das consultas o traballador necesitase unha intervención quirúrxica onde tería lugar e cal sería o procedemento.

    Fundamentación xurídica: artigo 17.6 do Regulamento de aplicación.

    A hospitalización pode ter lugar tanto en España como en Portugal, segundo onde xurda a necesidade.

    No suposto de que sexa hospitalizado en Portugal, o organismo portugués notificará á institución española dentro dos tres días seguintes a aquél en que teña coñecemento da hospitalización a data de ingreso no establecemento hospitalario e a duración probable da hospitalización así como a data previsible de saída.

    O respecto, o organismo portugués deberá remitir á institución española o formulario E-113, sobre hospitalización, notificación de ingreso e de saída para que aquela reembolse os gastos ocasionados. Ver anexo 4.

d) Tramitación da baixa por incapacidade temporal derivada de accidente, sexa ou non de traballo, ou por enfermidade común ou profesional. Prestación económica á que ten dereito.

A baixa pode ser tramitada, ben por un médico español ou ben por un médico portugués, segundo onde xurda a necesidade. Igualmente ocorre cos partes de confirmación e co parte de alta.

¿Onde solicitaría a prestación económica?

ou ben

O traballador tamén ten que adxunta-lo certificado da empresa onde presta servicios no que consten as cotizacións.

A concesión da prestación por parte do organismo español notificarase mediante o formulario E-117. Ver anexo 7.

No suposto de que sexa un médico portugués o que tramite o parte de alta do traballador, a notificación da terminación de incapacidade realizarase a través do modelo E-118 (anexo 8).

En cambio, se é un médico español o que expide o parte de alta, entón utilízase a modelaxe común segundo a normativa española.

Con referencia ó contido da prestación económica á que o traballador tería dereito remitímonos ó disposto na parte teórica, lembrando eiquí os seguintes aspectos:

A estes efectos se o traballador prestou servicios noutro estado europeo, o INSS tería en conta as cotizacións efectuadas nel para computa-lo periodo de cotización que se esixe na lei española. O formulario a utilizar sería o E-104 (anexo 10), puidendo expedirse a solicitude do propio interesado ou ben solicita-lo directamente o INSS.

O INSS ou a Mutua, segundo quen teña a cobertura das prestacións por incapacidade temporal, pagará a prestación a través dos medios adecuados, principalmente por xiro postal ou mediante cheque e así o comunicará ó organismo portugués e á persoa interesada. Non obstante, na práctica o máis eficaz é que o traballador teña unha conta aberta nunha entidade bancaria sita en España, e que de a orden de transferencia a unha entidade portuguesa sita no seu lugar de residencia.

Matizacións importantes:

e) No suposto de que o traballador sufra un accidente en España no momento en que se dirixe o seu traballo, ¿onde deberá ser atendido de urxencia e se fora necesario onde debería ser hospitalizado?.

    Segundo a lexislación española, estamos ante un accidente laboral "in itinere" que ocorre no Estado competente, é dicir, no país onde o traballador está asegurado.

    O traballador será atendido de urxencia e hospitalizado no centro sanitario máis próximo, de tal maneira que se é hospitalizado en España recibirá a asistencia presentando a súa tarxeta sanitaria.

    No suposto de que pola urxencia do caso ingrese nun centro portugués, a asistencia será prestada en base ó formulario E-123 (certificación do dereito ás prestacións en especie do seguro contra os accidentes de traballo e as enfermedades profesionais). Ver anexo 11.

    Na práctica o traballador só ten o formulario E-106, polo que o normal é que sexa o organismo portugués quen, a través do modelo E-107, se dirixa ás autoridades españolas (ben ó INSS ben directamente á Mutua, dependendo de quen teña a cobertura das continxencias profesionais) para obte-lo formulario E-123.

    Igualmente, o organismo portugués deberá remitir ás autoridades españolas o xa mencionado formulario E-113.

f) No suposto de que o traballador sufra un accidente en Portugal no momento en que se dirixe o seu traballo, ¿onde deberá ser atendido de urxencia e se fora necesario onde debería ser hospitalizado?.

    Estamos igualmente ante un accidente laboral "in itinere" pero que ocorre no Estado de residencia do traballador.

    Sen embargo segundo o disposto no artigo 56 do Regulamento CEE n.º 1408/71, considérase que o accidente "in itinere" tivo lugar no Estado competente, isto é, en España.

    Aplícase a mesma resposta da anterior pregunta.

g) No suposto de que o traballador sufra un accidente non laboral, ¿onde deberá ser atendido de urxencia e se fora necesario onde debería ser hospitalizado?.

    A hospitalización pode ter lugar tanto en España como en Portugal, segundo onde xurda a necesidade.

    No suposto de que sexa hospitalizado en Portugal, o organismo portugués notificará á institución española dentro dos tres días seguintes a aquél en que teña coñecemento da hospitalización a data de ingreso no establecemento hospitalario e a duración probable da hospitalización así como a data previsible de saída.

    Ó respecto, o organismo portugués deberá remitir á institución española o formulario E-113, sobre hospitalización, notificación de ingreso e de saída para que aquela reembolse os gastos ocasionados.

h) No suposto de que a súa muller ou algún dos seus fillos sufran un accidente ¿onde deberán ser atendidos de urxencia e se fora necesario onde deberían ser hospitalizados?.

A hospitalización pode ter lugar tanto en España como en Portugal, segundo onde xurda a necesidade.

SUPOSTO PRACTICO 2

Don xxx é un traballador español que presta os seus servicios para unha empresa española con sede en Galicia. Este traballador vive en Vigo coa súa muller e dous fillos que dependen del.

A empresa que o contratou ten unha filial/sucursal en Portugal e decide desprazar o seu traballador a Portugal para que preste servicios durante tres meses na empresa portuguesa, conservando o vínculo laboral coa empresa española. Non obstante, o traballador mantén a súa residencia en Galicia.

CUESTIONS

a) En que país e a que organismo pagará o traballador as súas contribucións á Seguridade Social.

    En España.

    Segundo o disposto no artigo 14 do Regulamento CEE n.º 1408/71 o traballador que exerza unha actividade no territorio dun dos Estados comunitarios por conta allea ó servicio dunha empresa para a que traballe normalmente, e que sexa destacado no territorio do outro Estado co fin de efectuar alí un traballo por conta da empresa, quedará suxeito á lexislación da Seguridade Social do primeiro Estado sempre que:

    - O traballo a realizar no país de destacamento non exceda de 12 meses. Este período pode ser ampliado ata 12 meses máis previa conformidade da autoridade competente do Estado membro no que esté destacado.

    - O traballador por conta allea non sexa enviado en substitución doutra persoa que teña chegado ó remate do período polo que foi destacado.

    En consecuencia, o noso traballador seguirá cotizando no Réxime Xeral da Seguridade Social española, aínda que esté prestando servicios nunha empresa portuguesa.

    A tal efecto, o organismo español, isto é, a Dirección Provincial do INSS deberá cumplimenta-lo formulario E-101 (certificado relativo á lexislación aplicable) e entregarllo ó traballador, quen deberá conservalo durante a súa estancia en Portugal. Ver anexo 12.

b) Se o traballador ou algún dos membros da súa familia se poñen enfermos e queren facer unha consulta médica onde deberán acudir e que procedemento han de seguir.

Fundamentación xurídica: Aplicación do artigo 22 e 22 ter do Regulamento CEE n.º 1408/71

No caso de que o traballador non o solicitara o organismo portugués deberá solicitalo ó INSS.

No caso de que os membros da familia no o solicitaran o organismo portugués deberá solicitalo ó INSS.

Os gastos da asistencia sanitaria prestada en Portugal correrán a cargo do organismo español.

c) Se como resultado das consultas o traballador necesitase unha intervención quirúrxica onde tería lugar e cal sería o procedemento.

A intervención quirúrxica pode ter lugar tanto en España como en Portugal:

Os gastos da asistencia sanitaria prestada en Portugal correrán a cargo do organismo español.

d) Tramitación da baixa por incapacidade temporal derivada de accidente, sexa ou non de traballo, ou por enfermidade común ou profesional. Prestación económica a que ten dereito.

Fundamentación xurídica: Artigo 24 do Regulamento de aplicación CEE n.º 574/71.

A baixa pode ser tramitada, ben por un médico español ou ben por un médico portugués, segundo onde xurda a necesidade. Igualmente ocorre cos partes de confirmación e co parte de alta.

¿Onde solicitaría a prestación económica?

ou ben

O traballador tamén ten que adxunta-lo certificado da empresa onde presta servicios no que consten as cotizacións.

A concesión da prestación por parte do organismo español notificarase mediante o formulario E-117.

No suposto de que sexa un médico portugués o que tramite o parte de alta do traballador, a notificación da terminación de incapacidade realizarase a través do modelo E-118.

En cambio, se é un médico español o que expide o parte de alta, entón utilízase a modelaxe común segundo a normativa española.

Con referencia ó contido da prestación económica á que o traballador tería dereito remitímonos ó disposto na parte teórica, lembrando eiquí os seguintes aspectos:

A estes efectos se o traballador prestou servicios noutro estado europeo, o INSS tería en conta as cotizacións efectuadas nel para computa-lo periodo de cotización que se esixe na lei española. O formulario a utilizar sería o E-104, puidendo expedirse a solicitud do propio interesado ou ben solicitalo directamente o INSS.

Se o noso interesado segue en Portugal durante a súa incapacidade, o INSS ou a Mutua, segundo quen teña a cobertura das prestacións por incapacidade temporal, pagará a prestación a través dos medios adecuados, principalmente por xiro postal ou mediante cheque e así o comunicará ó organismo portugués e á persoa interesada. Non obstante, na práctica o máis eficaz é que o traballador teña unha conta aberta nunha entidade bancaria sita en España, e que de a orden de transferencia a unha entidade portuguesa sita no seu lugar de estancia.

Evidentemente, pagarase a prestación en España se o traballador está no seu lugar de residencia (Galicia) durante a baixa.

e) No suposto de que o traballador sufra un accidente en España no momento en que se dirixe o seu traballo, ¿onde deberá ser atendido de urxencia e se fora necesario onde debería ser hospitalizado?.

    Segundo a lexislación española, estamos ante un accidente laboral "in itinere" que ocorre no Estado competente, é dicir, no país onde o traballador está asegurado.

    O traballador será atendido de urxencia e hospitalizado no centro sanitario máis próximo, de tal maneira que se é hospitalizado en España recibirá a asistencia presentando a súa tarxeta sanitaria.

    No suposto de que pola urxente necesidade ingrese nun centro portugués, a asistencia será prestada en base ó formulario E-123.

    Na práctica o traballador só ten o formulario E-128, polo que o normal é que sexa o organismo portugués quen, a través do modelo E-107, se dirixa ás autoridades españolas ( ben ó INSS ben directamente á Mutua, dependendo de quen teña a cobertura das continxencias profesionais) para obte-lo formulario E-123.

    Igualmente, o organismo portugués deberá remitir ás autoridades españolas o formulario E-113.

f) No suposto de que o traballador sufra un accidente en Portugal no momento en que se dirixe o seu traballo, ¿onde deberá ser atendido de urxencia e se fora necesario onde debería ser hospitalizado?.

    Estamos igualmente ante un accidente laboral "in itinere" que non ocorre no Estado competente.

    Sen embargo segundo o disposto no artigo 56 do Regulamento CEE n.º 1408/71, considérase que o accidente "in itinere" tivo lugar no Estado competente, isto é, en España.

    Aplícase a mesma resposta da anterior pregunta.

g) No suposto de que o traballador sufra un accidente non laboral, ¿onde deberá ser atendido de urxencia e se fora necesario onde debería ser hospitalizado?.

    A hospitalización pode ter lugar tanto en España como en Portugal, segundo onde xurda a necesidade.

    No suposto de que sexa hospitalizado en Portugal, o organismo portugués notificará ás autoridades españolas dentro dos tres días seguintes a aquél en que teña coñecemento da hospitalización a data de ingreso no establecemento hospitalario e a duración probable da hospitalización así como a data previsible de saída.

    O respecto, o organismo portugués deberá remitir ás autoridades españolas o formulario E-113, sobre hospitalización, notificación de ingreso e de saída para que aquelas reembolsen os gastos ocasionados.

h) No suposto de que a súa muller ou algún dos seus fillos sufran un accidente ¿onde deberán ser atendidos de urxencia e se fora necesario onde deberían ser hospitalizados?.

A hospitalización pode ter lugar tanto en España como en Portugal, segundo onde xurda a necesidade: