SEGURIDADE SOCIAL

ESPAÑA

2.1.3. INCAPACIDADE PERMANENTE

SUPOSTO PRACTICO 1
Don xxx é un traballador fronteirizo portugués que traballa por conta allea nunha empresa española que ten a súa sede en Vigo. Non obstante o traballador reside en Valença.
Despois dunha situación de incapacidade temporal, o traballador segue incapacitado para o traballo.

SUPOSTO PRACTICO 2
Don xxx é un traballador español que presta os seus servicios para unha empresa española con sede en Galicia, e ten a súa residencia habitual en Vigo.
A empresa que o contratou ten unha filial/sucursal en Portugal e decide desprazar o seu traballador a Portugal para que preste servicios durante tres meses na empresa portuguesa, se ben mantén o contrato de traballo coa empresa española.
O traballador mantén a súa residencia en Galicia.
Despois dunha situación de incapacidade temporal, o traballador segue incapacitado para o traballo.


SUPOSTO PRACTICO 1

ENUNCIADO XERAL

Don xxx é un traballador fronteirizo portugués que traballa por conta allea nunha empresa española que ten a súa sede en Vigo. Non obstante o traballador reside en Valença.

Despois dunha situación de incapacidade temporal, o traballador segue incapacitado para o traballo.

CUESTIONS

a) Que organismo determinará os distintos grados de incapacidade. Procedemento e trámites.

b) Prestacións sanitarias e económicas ás que ten dereito. Organismos responsables da resolución do procedemento e do pago das prestacións. Procedemento e trámites.

c) Inspeccións e controis ós que estaría sometido. Organismo responsable. Procedemento e trámites.

POSIBILIDADES

Para resolve-las cuestións precedentes, cómpre distinguir tres situacións nas que pode atoparse o traballador do noso caso:

A) O traballador portugués xxx cotizou sempre á Seguridade Social española, na medida en que sempre prestou servicios para esa empresa española con sede en Vigo.

a) Que organismo determinará os distintos grados de incapacidade. Procedemento e trámites.

O organismo competente para iniciar, instruir e resolve-los procedementos para o recoñecemento de dereitos por incapacidade permanente en tódolos seus grados é a Dirección Provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social (en adelante INSS) da provincia na que o causante acredite as últimas cotizacións.

No noso caso, sería a Dirección Provincial de Pontevedra xa que a empresa ten a súa sede en Vigo.

Como órgano de apoio técnico para poder levar a cabo as declaracións de incapacidade constitúense os Equipos de Valoración de Incapacidades (EVI) e teñen como principal misión formular dictámenes-proposta para que o Director Provincial do INSS adopte a resolución que proceda.

O procedemento para evalua-la incapacidade do traballador pódese iniciar das seguintes maneiras:

Imos centrar os nosos comentarios no suposto de que sexa o propio traballador o que solicite o recoñecemento das prestacións económicas por incapacidade permanente.

 

¿Onde solicitaría a prestación económica correspondente?

ou ben

No modelo adxunto se determinan tódolos datos que hai que indicar. En resumen son os seguintes:

Á solicitude deberán acompañarse preceptivamente dos seguintes documentos, salvo que xa estén en poder do INSS:

Asimesmo, o traballador deberá aportar, se obra no seu poder, unha copia do historial clínico elaborado polas autoridades sanitarias.

No caso de que a incapacidade temporal estivera cuberta por unha Mutua de Accidentes de Traballo i Enfermidades profesionais o historial clínico aportarase, previo consentimento do traballador, por esta entidade.

Finalmente, imos exponer de maneira breve a instrucción do procedemento:

  1. Actividades de instrucción:

    A Dirección Provincial do INSS realizará de oficio cantas actuacións resulten necesarias para a comprobación dos datos aportados polo interesado en virtude dos cales debe dictarse a resolución, así como para a evaluación e calificación da incapacidade.

  2. Informe médico de síntesis:

    O facultativo do equipo de valoración de incapacidades aportará o informe médico no que quedarán recollidos o historial médico do Servicio Público de Saúde, os informes doutros facultativos que pode aportar o traballador, e, se é o caso, o resultado das probas complementarias que pode solicita-la Dirección Provincial.

  3. Informe de antecedentes profesionais e outros informes.

    Con estes informes trátase de coñece-la profesión desempeñada polo interesado no momento en que se efectúe a evaluación e a formación e aptitudes do mesmo que determinen a súa capacidade.

  4. Dictamen-proposta.

    O equipo de Valoración de Incapacidades examinará o informe médico de síntesis e o de antecedentes profesionais do traballador, e canta documentación conteña o expediente e procederá a emitir e a elevar ó Director Provincial un dictamen-proposta sobre a anulación ou disminución da capacidade para o traballo por existencia dunha situación de incapacidade permanente, procedendo a calificar esta situacións nos seus distintos grados.

  5. Terminación do expediente:

O Director Provincial do INSS deberá dictar resolución expresa, sen que quede vinculado pola petición do traballador do noso caso.

Ademáis en tódalas resolucións en que se recoñeza un determinado grado de incapacidade, deberase determina-lo prazo a partir do cal se poderá insta-la revisión do mesmo por agravación ou melloría.

 

b) Prestacións sanitarias e económicas ás que ten dereito. Organismos responsables da resolución do procedemento e do pago das prestacións. Procedemento e trámites.

Para a resolución desta cuestión, cómpre diferenciar distintos supostos segundo o grado de invalidez que se lle recoñeceu ó traballador xxx. (O establecido neste apartado é un resume da parte teórica).

Incapacidade permanente parcial para a profesión habitual.

A Dirección Provincial do INSS declarará ó traballador en situación de incapacidade permanente parcial, se comproba que está afectado por unha incapacidade que lle ocasiona unha disminución non inferior ó 33% do seu rendemento normal para a súa profesión habitual, pero sen impedirlle a realización das tarefas fundamentais da mesma.

A prestación consistirá nunha cantidad a tanto alzado equivalente a 24 mensualidades da base reguladora que serviu para determina-la prestación económica por incapacidade temporal da que se deriva a incapacidade permanente.

Incapacidade permanente total para a profesión habitual

A Dirección Provincial do INSS declarará este grado de incapacidade cando o traballador esté impedido para a realización de tódalas tarefas –ou das fundamentais– da súa profesión habitual, sempre e cando se poida dedicar a outra profesión distinta.

A prestación determínase da seguinte maneira:

  1. O 55 % da base reguladora, que se incrementa nun 20 % (Incapacidade permanente total cualificada) cando a persoa traballadora cumpra os 55 anos, non realice traballos e a falta de preparación e mailas circunstancias sociais e laborais fagan previsible a dificultade de que atope un novo emprego.
  2. Excepcionalmente, pode ser substituída por unha indemnización co prezo acordado, sempre que a persoa traballadora sexa menor de 60 anos e o solicite dentro dos tres anos seguintes á data de resolución, de acordo coa seguinte escala :

Incapacidade permanente absoluta para todo traballo.

A Dirección Provincial do INSS declarará este grado de incapacidade cando o traballador esté impedido para a realización de toda profesión ou oficio.

A prestación consiste nunha pensión vitalicia do 100% da base reguladora

Grande invalidez

A Dirección Provincial do INSS declarará a situación de grande invalidez se o traballador inválido do noso caso precisa da asistencia dunha terceira persoa para realiza-los actos máis elementais da vida diaria.

 

A prestación consiste nunha pensión vitalicia do 150% da base reguladora. Non obstante, poderá sustituirse o 50% por coidados en réxime de internado nunha institución asistencial pública.

Pago das prestacións

En España está previsto o pago directo ó beneficiario. No apartado 8 do modelo de solicitude que adxuntamos debe o interesado sinalar cómo quere cobra-la súa prestación:

Con respecto á asistencia sanitaria que precise o traballador, este a recibirá en Portugal con cargo a España.

 

Prestacións recuperadoras

A prestación recuperadora ten por obxecto a rehabilitación da persoa traballadora minusválida para o traballo de maneira que, a través do tratamento médico, da orientación profesional e da reeducación laboral, se poida reintegrar no mercado de traballo e percibir, de se-lo caso, un subsidio de recuperación mentres non obteña unha ocupación a través do emprego selectivo.

As prestacións recuperadoras poden ser dos seguintes tipos:

  1. Técnico: asistencia sanitaria con especial atención á rehabilitación funcional.
  2. Social: medidas dirixidas cara á orientación profesional, á formación, á reeducación, ó emprego selectivo, etc.
  3. Económico: subsidio durante o tempo no que a persoa traballadora estea sometida a estas prestacións recuperadoras, sempre e cando perciba unha pensión por incapacidade permanente total do 55 % ou fose declarada en situación de incapacidade permanente parcial.

¿Cal é a cuantía do subsidio?

Nota: Segundo a información facilitada pola Administración, este tipo de prestacións apenas se aplican na práctica.

c) Inspeccións e controis ós que estaría sometido. Organismo responsable. Procedemento e trámites.

A resolución que dicte a Dirección Provincial do INSS, pola que se recoñece ó traballador do noso caso unha prestación de incapacidade permanente, en calquera dos grados anteriormente comentados, recollerá necesariamente o prazo a partir do cal se poderá insta-la revisión por agravación ou melloría do estado do invalidante, mentras non cumpra a idade mínima establecida para acceder á pensión de xubilación (65 anos).

Non obstante, se o pensionista por incapacidade permanente estivera exercendo calquer traballo, por conta propia ou allea en España o INSS poderá promove-la revisión con independecia de que transcorrera ou non o prazo sinalado na resolución.

En virtude do artigo 51 do Regulamento de aplicación CEE n.º 574/72 o control administrativo e médico do traballador será exercido, a requeremento da Dirección Provincial do INSS, polo organismo competente en Portugal segundo a normativa establecida neste país, xa que o noso interesado reside en Valença.

Non obstante, o INSS conservará a facultade de dispoñer cun médico designado por el controle ó beneficiario.

No suposto de que exerza unha actividade en Portugal, o organismo portugúes competente deberá dirixir un informe ó INSS. Neste informe describirase, entre outras cousas, a natureza da actividade que desempeña o traballador, a cuantía dos seus ingresos e tamén o dictamen do médico especialista sobre o estado de saúde do interesado.

 

B) O traballador portugués xxxx estivo cotizando á Seguridade Social española nos últimos anos, na medida en que veu prestando servicios para esa empresa española con sede en Vigo. Asimesmo, cando era máis xoven, traballou nunha empresa francesa con sede en París, efectuando as respectivas cotizacións en Francia.

Aplícase o disposto no caso anterior, se ben hai que ter en conta as seguintes peculiaridades que derivan do feito de ter cotizacións en dous países da Comunidade Europea:

Segundo a norma española, para ter dererito ás prestacións de incapacidade permanente cando ésta derive dunha enfermidade común, tense que acreditar un periodo mínimo de cotización, de tal maneira que cando sexa necesario a Dirección Provincial do INSS computará os periodos de cotización efectuados polo noso traballador en Francia.

Para iso, o INSS solicitará directamente ó organismo francés, e mediante un formulario interno, un certificado das cotizacións efectuadas polo traballador en Francia.

Matización importante que hai que ter en conta para i) as prestacións de incapacidade permanente, ii) morte e supervivencia e iii) xubilación:

De acordo co artigo 48 do Regulamento Comunitario 1408/71, a institución dun estado membro non estará obrigada a conceder prestacións en virtude do periodo de cotización cumpridos segundo a lexislación que aplique cando:

e

Se se dan estas dúas circunstancias ese Estado non ten a obriga de totalizar periodos de cotización, de tal maneira que non estaría obrigado por norma a pagar prestacións.

Non obstante esta regra xeral ten dúas excepcións:

 

C) O traballador xxxx cotizou á Seguridade Social española nos últimos anos, pero tamén ten cotizacións á Seguridade Social portuguesa xa que traballou durante un tempo para unha empresa portuguesa sita en Valença.

Este suposto é similar ó anterior, se ben existen importantes diferencias debido a que se o traballador estivo suxeito a dúas ou máis lexislacións diferentes a regulación que fan as normas comunitarias é distinta segundo os paises implicados, de tal maneira que o tratamento legal para ese traballador do caso B que cotizou en Francia cambia se as cotizacións tiveron lugar en Portugal.

A diferencia estriba en que de acordo coa lexislación portuguesa a cuantía da prestación de invalidez depende da duración do periodo de cotización e sen embargo en Francia é independente (igual que en España).

No Anexo 4 do Regulamento CEE n.º 1408/71 enuméranse os países comunitarios nos que a cuantía da prestación de invalidez é independente da duración dos periodos de cotización.

En consecuencia imos tratar únicamente as peculiaridades que se derivan deste caso, dando por reproducido o que xa comentamos nos anteriores supostos.

 

Fundamentación xurídica: Artigo 36 do Regulamento de aplicación CEE n.º 574/72.

O traballador deberá dirixi-la solicitude das prestacións por incapacidade permanente á institución do seu lugar de residencia en Portugal ( Centro Rexional da Seguridade Social).

Esta solicitude deberá ser extendida no formulario previsto pola lexislación portuguesa e deberá ir acompañada dos documentos que se requiran para xustifica-lo dereito á prestación.

Asimesmo, o solicitante deberá indica-la súa afiliación á Seguridade Social española e os datos da empresa española que lle da ocupación en Galicia.

Segundo o disposto no artigo 41 e ss do Regulamento 574/72 esta solicitude será tramitada polo organismo portugués (institución instructora) da seguinte maneira:

Se o traballador reúne os requisitos para ter dereito á prestación segundo o disposto na lei portuguesa, entón a institución portuguesa pagará a prestación ó interesado pero con carácter provisional, quedando á espera da información que lle remita o INSS.

En cambio se non cumpre os requisitos esixidos na lei portuguesa, así o fará constar ó INSS nese mesmo formulario.

Matiz: A declaración de incapacidade permanente feita pola institución dun Estado membro non é vinculante para os restantes países implicados.

A continuación completará ese formulario remitido por Portugal cos seguintes datos:

  1. As cotizacións efectuadas en España.
  2. A cuantía da prestación a que tería dereito o traballador tendo en conta únicamente ese periodo de cotización en España.

    Matizacións a este punto:

    Hai que lembrar que en España o periodo de cotización esíxese só cando a incapacidade deriva dunha enfermidade común como un requisito máis para ter dereito á prestación, de tal maneira que se non se cumpre non nacería o dereito. Pero a cuantía da prestación non depende da duración do periodo cotizado.

    En consecuencia, o que faría o organismo español sería determinar no formulario se en función dos días cotizados en España ese interesado tería dereito á prestación de incapacidade derivada de enfermidade común.

    Se a resposta é afirmativa e cumpre tódolos requisitos restantes, entón determinaría a cuantía e procedería a abona-la prestación directamente ó interesado.

    No suposto de que a situación de incapacidade derivase dun accidente non laboral, non sería necesario cumprir ningún periodo de cotización.

  3. A cuantía teórica e a efectiva da prestación.

Podería ocorrer que faltase algún requisito esixido pola lei española para ter dereito á prestación, coma por exemplo suficientes cotizacións.

Se é así, entón o INSS tería que facer uso das cotizacións feitas polo traballador en Portugal e prorratea-la prestación, que sería a que en España recibira o interesado.

En consecuencia, sempre que sexa imprescindible recurrir a algún dato cumprido na lexislación doutro estado membro, por moi insignificante que pareza, a prestación ten que ser prorrateada.

Finalmente, unha vez completado o formulario será devolto ó organismo portugués, o cal resolverá definitivamente a concesión da prestación de incapacidade e a súa cuantía, a cargo da institución portuguesa, á vista de tódolos datos facilitados polo INSS.

EXCEPCION

Sen perxuicio do establecido anteriormente, sempre que a incapacidade permanente derive dunha continxencia profesional (accidente de traballo ou enfermidade profesional) a prestación a que puidera ter dereito o traballador será sempre abonada pola institución do país onde estea asegurado (no noso caso España) de acordo coa súa lexislación.

 


SUPOSTO PRACTICO 2

ENUNCIADO

Don xxx é un traballador español que presta os seus servicios para unha empresa española con sede en Galicia, e ten a súa residencia habitual en Vigo.

A empresa que o contratou ten unha filial/sucursal en Portugal e decide desprazar o seu traballador a Portugal para que preste servicios durante tres meses na empresa portuguesa, se ben mantén o contrato de traballo coa empresa española.

O traballador mantén a súa residencia en Galicia.

Despois dunha situación de incapacidade temporal, o traballador segue incapacitado para o traballo.

RESOLUCION DO CASO

Posibilidades:

  1. Se o traballador sempre cotizou en España aplicarase integramente o sinalado no suposto A.
  2. Se o traballador ten cotizacións en Francia presentará a solicitude ante o INSS e a mesma tramitarase conforme o disposto no caso B.
  3. Se o traballador ten cotizacións en Portugal, presentará a solicitude ante o INSS e este organismo será considerado como a institución instructora debendo cumpri-los trámites do caso C.