SEGURIDADE SOCIAL

ESPAÑA

2.1.4. PROTECCION FAMILIAR

CUESTIÓN PREVIA

Segundo a lexislación española, o concepto de protección familiar inclúe soamente as prestacións por fillo a cargo. Neste senso os casos que plantexamos están pensados para este único tipo de prestación.

SUPOSTO PRACTICO 1
Traballador fronteirizo portugués que reside en Portugal coa súa familia pero traballa por conta allea nunha empresa domiciliada en Galicia. Está afiliado no Sistema da Seguridade Social española.
Ten dous fillos de 10 y 12 anos que están o seu cargo e ten uns ingresos baixos.

SUPOSTO PRACTICO 2
Traballador fronteirizo portugués que reside en Portugal coa súa familia pero traballa por conta allea nunha empresa domiciliada en Galicia. Está afiliado no Sistema da Seguridade Social española.
Ten tres fillos de 16, 19 e 25 anos de idade que están o seu cargo e ten uns ingresos baixos. Ademáis o fillo de 25 anos ten unha minusvalía do 80% e requere da axuda doutra persoa para realiza-las tarefas esenciais da vida.

CUESTIONS

a) Que lexislación se aplica.

    A lexislación española.

    En virtude do disposto no artigo 13.2. b) o traballador cotiza á Seguridade social española pois presta servicios en territorio español.

    En consecuencia, en materia de protección familiar a lexislación aplicable é a española.

    Máis concretamente, o artigo 73 do Regulamento CEE n.º 1408/71 establece que o traballador sometido á lexislación dun Estado Membro (neste caso España) terá dereito, para os membros da súa familia que residan noutro Estado da Comunidade Europea (neste caso os seus fillos residen en Portugal co seu pai), as prestacións familiares previstas na lei do primeiro Estado (España) como se resideran neste territorio.

b) Que requisitos teñen que cumprirse para ter dereito á prestación por fillos a cargo.

Unha nota característica desta prestación regulada na lexislación española é que o seu nacemento é independente do periodo de cotización do traballador.

c) En que consiste a prestación por fillo a cargo.

    Se os ingresos do noso traballador non superan o límite anteriormente mencionado tería dereito a unha asignación económica de 48.420 pesetas por cada fillo.

    Non obstante, se os ingresos do traballador superan esa cuantía de 1.227.051 pesetas sen sobrepasar uns determinados límites establecidos na lei, habería que facer un cálculo distinto para determina-lo importe da asignación.

d) A que autoridades hai que solicita-la prestación. Modelo que se debe utilizar.

Segundo o disposto no artigo 86.1 do Regulamento de aplicación CEE n.º 574/72 o traballador dirixirá a solicitude ó organismo español, isto é, á Dirección Provincial do INSS correspondente á provincia onde o traballador presta os seus servicios.

Adxuntamos copia dun modelo normalizado para solicita-las prestacións por fillo a cargo, onde se sinalan tódolos documentos que hai que presentar. Ver anexo 19.

Ademáis o traballador deberá presentar xunto coa solicitude un certificado sobre os membros da súa familia que residen en Portugal.

Este certificado será expedido en Portugal polo organismo que teña competencias ó efecto e deberá ser renovado tódolos anos.

SUPOSTO PRACTICO 2

Traballador fronteirizo portugués que reside en Portugal coa súa familia pero traballa por conta allea nunha empresa domiciliada en Galicia. Está afiliado no Sistema da Seguridade Social española.

Ten tres fillos de 16, 19 e 25 anos de idade que están o seu cargo e ten uns ingresos baixos. Ademáis o fillo de 25 anos ten unha minusvalía do 80% e requere da axuda doutra persoa para realiza-las tarefas esenciais da vida.

CUESTIONS

a) Que lexislación se aplica.

    Aplícase a mesma resposta do anterior suposto práctico.

b) Que requisitos teñen que cumprirse para ter dereito á prestación por fillos a cargo.

c) En que consiste a prestación por fillo a cargo.

O traballador percibiría:

d) A que autoridades hay que solicita-la prestación. Modelo que se debe utilizar.