SEGURIDADE SOCIAL

ESPAÑA

2.1.8 PRESTACIONS POR DESEMPREGO

SUPOSTO PRACTICO 1
Don xxx é un traballador fronteirizo español que reside en Galicia coa súa familia e traballa por conta allea nunha empresa portuguesa situada en Portugal. Está afiliado no Sistema da Seguridade Social portuguesa.
Posteriormente ó traballador se lle extingue a súa relación laboral, quedando nunha situación de desemprego total.

SUPOSTO PRACTICO 2
Don xxx é un traballador fronteirizo portugués que reside en Portugal coa súa familia e traballa por conta allea nunha empresa española situada en Galicia. Está afiliado no sistema da Seguridade Social española.
Posteriormente o traballador queda nunha situación de desemprego parcial como consecuencia da reducción da súa xornada de traballo ou ben se lle suspende a relación laboral en virtude dun expediente de regulación de emprego.

SUPOSTO PRACTICO 3
Don xxx é un traballador español que presta os seus servicios por conta allea para unha empresa española situada en Galicia. Este traballador vive en Vigo coa súa familia.
A empresa que o contratou ten unha filial/sucursal en Portugal e decide desprazar o seu traballador a Portugal para que preste servicios durante tres meses na empresa portuguesa, conservando o vínculo laboral coa empresa española. Non obstante, o traballador mantén a súa residencia en Galicia.

CUESTIONS

a) Unha vez que quede en situación de desemprego total ¿ que lexislación se lle aplica para saber cales son os requisitos que ten que cumprir para ter dereito ás prestacións por desemprego?.

    Fundamentación xurídica: Artigo 71.1 a), ii) do Regulamento CEE nº 1408/71.

    O noso traballador terá dereito ás prestacións por desemprego conforme o que determine a lexislación española.

b) Onde debe solicita-la prestación por desemprego. Modelos que hai que empregar.

O traballador deberá dirixi-la solicitude á Dirección Provincial do Instituto Nacional de Emprego correspondente (de agora en diante o INEM) no modelo oficial de solicitude de prestación por desemprego (ver anexo 35), debendo acompaña-la seguinte documentación:

c) Que institución lle abona a prestación por desemprego e que requisitos ten que cumprir.

A institución que lle abona a prestación é o INEM, unha vez comprobe que se cumpren os seguintes requisitos:

  1. O noso traballador ten que acreditar un periodo mínimo de cotización de 360 días dentro dos 6 anos anteriores á situación legal de desemprego, é dicir, dentro dos 6 anos anteriores ó momento en que se lle extinguiu o contrato de traballo coa empresa portuguesa.

    Deste xeito o INEM terá en conta os periodos de cotización cumpridos en Portugal como se fosen cotizados en España. As cotizacións quedarán reflexadas no modelo E-301 que deberá presenta-lo traballador. Ver anexo 36.

    Ademáis, se fose necesario, computaranse tamén as cotizacións efectuadas polo traballador en España ou noutro país da Comunidade Europea.

    O respecto non hai que esquecer que a duración da prestación por desemprego está en función dos periodos de ocupación cotizada.

    Nota: non se prorratea a prestación no suposto de que fose necesario ter en conta as cotizacións efectuadas polo traballador noutro país europeo.

  2. O noso traballador ten que acreditar que o cese non foi voluntario.
  3. O noso traballador debe ter menos de 65 anos pois neste caso tería dereito á pensión de xubilación, salvo que non tivera acreditado o periodo de cotización esixido para poder acceder a ela.

Por outro lado, con respecto a cuantía da prestación por desemprego, o INEM calculará a base reguladora sobre a media do importe bruto do salario establecido nas nóminas presentadas polo traballador (excluíndo a indemnización) correspondente ós 180 días anteriores a quedarse en situación de desemprego, tendo en conta o valor oficial do cambio da moeda correspondente ó trimestre da data de inicio da prestación por desemprego en España. Neste momento o cambio de moeda aplicable é o establecido polo Banco Central Europeo en euros.

Para o recoñecemento da prestación o traballador deberá inscribirse como demandante de emprego na oficina do INEM correspondente ó seu domicilio en Galicia.

Finalmente, na lexislación española contémplanse uns límites mínimos e máximos que non se poden superar, e que varían en función das cargas familiares.

Neste sentido, o traballador tería que aporta-lo modelo E-302 que certifica o número de membros da súa familia. Ver anexo 37.

SUPOSTO PRACTICO 2

Don xxx é un traballador fronteirizo portugués que reside en Portugal coa súa familia e traballa por conta allea nunha empresa española situada en Galicia. Está afiliado no sistema da Seguridade Social española.

Posteriormente o traballador queda nunha situación de desemprego parcial como consecuencia da reducción da súa xornada de traballo ou ben se lle suspende a relación laboral en virtude dun expediente de regulación de emprego.

CUESTIONS

a) Unha vez que quede en situación de desemprego parcial ou desemprego total pero temporal ¿ que lexislación se lle aplica para saber cales son os requisitos que ten que cumprir para ter dereito ás prestacións por desemprego?.

    Fundamentación xurídica: Artigo 71.1 a), i) do Regulamento CEE nº 1408/71.

    O noso traballador terá dereito ás prestacións por desemprego conforme o que determine a lexislación española.

    Se lle aplicaría o Real Decreto Lexislativo1/1994, de 20 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeneral da Seguridade Social.

b) Onde debe solicita-la prestación por desemprego. Modelos que hai que empregar.

O traballador deberá dirixi-la solicitude á Dirección Provincial do Instituto Nacional de Emprego correspondente (de agora en diante o INEM) no modelo oficial de prestación por desemprego, debendo a compaña-la seguinte documentación:

c) Que institución lle abona a prestación por desemprego e que requisitos ten que cumprir.

A institución que lle abona a prestación é o INEM, unha vez comprobe que se cumpren os seguintes requisitos:

  1. O noso traballador ten que acreditar un periodo mínimo de cotización de 360 días dentro dos 6 anos anteriores á situación legal de desemprego, é dicir, dentro dos 6 anos anteriores ó momento en que se produxo a suspensión ou reducción da xornada na empresa española.

    Deste xeito o INEM terá en conta os periodos de cotización cumpridos en España. As cotizacións quedarán reflexadas no modelo E-301 que deberá presenta-lo traballador.

    Ademáis se fose necesario computaranse tamén as cotizacións efectuadas polo traballador en Portugal ou noutro país da Comunidade Europea, sempre que estiveran dentro dos últimos 6 anos a contar desde a situación legal de desemprego.

    O respecto non hai que esquecer que a duración da prestación por desemprego está en función dos periodos de ocupación cotizada.

    Nota: non se prorratea a prestación no suposto de que fose necesario ter en conta as cotizacións efectuadas polo traballador noutro país europeo.

  2. O noso traballador ten que acreditar que o cese non foi voluntario.
  3. O noso traballador debe ter menos de 65 anos pois neste caso tería dereito á pensión de xubilación, salvo que non tivera acreditado o periodo de cotización esixido para poder acceder a ela.

Por outro lado, con respecto a cuantía da prestación por desemprego, o INEM calculará a base reguladora sobre a media do importe bruto do salario establecido nas nóminas presentadas polo traballador (excluíndo a indemnización) correspondente ós 180 días anteriores a quedarse en situación de desemprego.

Para o recoñecemento da prestación o traballador deberá inscribirse como demandante de emprego na oficina do INEM correspondente ó domicilio da empresa onde presta servicios e renova-la demanda cando corresponda aínda que siga ligado laboralmente á empresa na que se produxo a regulación de emprego.

Finalmente, na lexislación española contémplanse uns límites mínimos e máximos que non se poden superar, e que varían en función das cargas familiares.

O traballador tería que aporta-lo modelo E-302 que certifica o número de membros da familia.

SUPOSTO PRACTICO 3

Don xxx é un traballador español que presta os seus servicios por conta allea para unha empresa española situada en Galicia. Este traballador vive en Vigo coa súa familia.

A empresa que o contratou ten unha filial/sucursal en Portugal e decide desprazar o seu traballador a Portugal para que preste servicios durante tres meses na empresa portuguesa, conservando o vínculo laboral coa empresa española. Non obstante, o traballador mantén a súa residencia en Galicia.

Posteriormente ó traballador se lle extingue a súa relación laboral, quedando nunha situación de desemprego total.

CUESTIONS

a) Determinar cal é a lei aplicable en materia de Seguridade Social; é dicir, en que país ten que estar asegurado o traballador desprazado.

Lexislación española.

Segundo o disposto no artigo 14 do Regulamento CEE nº 1408/71 o traballador que exerza unha actividade no territorio dun dos Estados comunitarios por conta allea ó servicio dunha empresa para a que traballe normalmente, e que sexa destacado no territorio do outro Estado co fin de efectuar alí un traballo por conta da empresa, quedará suxeito á lexislación da Seguridade Social do primeiro Estado sempre que:

En consecuencia, o noso traballador seguirá cotizando no Réxime Xeral da Seguridade Social española, aínda que esté prestando servicios nunha empresa portuguesa.

A tal efecto, o organismo español, isto é, a Dirección Provincial do INSS deberá cumplimenta-lo formulario E-101 (certificado relativo á lexislación aplicable) e entregarllo ó traballador, quen deberá conserva-lo durante a sús estancia en Portugal.

b) Unha vez que quede en situación de desemprego total cal é a lexislación que se lle aplica para saber cales son os requisitos que ten que cumprir para ter dereito ás prestacións por desemprego.

    Fundamentación xurídica: Artigo 71.1 a), ii) do Regulamento CEE nº 1408/71.

    O noso traballador terá dereito ás prestacións por desemprego conforme o que determine a lexislación española.

c) Onde debe solicita-la prestación por desemprego. Modelos que hai que empregar.

O traballador deberá dirixi-la solicitude á Dirección Provincial do Instituto Nacional de Emprego correspondente (de agora en diante o INEM) no modelo oficial de prestación por desemprego, debendo acompaña-la seguinte documentación:

d) Que institución lle abona a prestación por desemprego e que requisitos ten que cumprir.

A institución que lle abona a prestación é o INEM, unha vez comprobe que se cumpren os seguintes requisitos:

  1. O noso traballador ten que acreditar un periodo mínimo de cotización de 360 días dentro dos 6 anos anteriores á situación legal de desemprego, é dicir, dentro dos 6 anos anteriores ó momento en que se lle extinguiu o contrato de traballo coa empresa portuguesa.

    Deste xeito o INEM terá en conta os periodos de cotización cumpridos en España. As cotizacións quedarán reflexadas no modelo E-301 que deberá presenta-lo traballador.

    Ademáis se fose necesario computaranse tamén as cotizacións efectuadas polo traballador en calquer outro país da Comunidade Europea, debendo presentar un E-301 de cada un dos países implicados, tendo presente que na lexislación española soamente se toman en conta as efectuadas nos 6 anos anteriores.

    O respecto non hai que esquecer que a duración da prestación por desemprego está en función dos periodos de ocupación cotizada.

    Nota: non se prorratea a prestación no suposto de que fose necesario ter en conta as cotizacións efectuadas polo traballador noutro país europeo.

  2. O noso traballador ten que acreditar que o cese non foi voluntario.
  3. O noso traballador debe ter menos de 65 anos pois neste caso tería dereito á pensión de xubilación, salvo que non tivera acreditado o periodo de cotización esixido para poder acceder a ela.

Por outro lado, con respecto a cuantía da prestación por desemprego, o INEM calculará a base reguladora sobre a media do importe bruto do salario establecido nas nóminas presentadas polo traballador (excluíndo a indemnización) correspondente ós 180 días anteriores a quedarse en situación de desemprego.

Para o recoñecemento da prestación o traballador deberá inscribirse como demandante de emprego na oficina do INEM máis próxima a súa residencia familiar.