SEGURIDADE SOCIAL

PORTUGAL

2.1.1 Prestacións sociais nas situacións de incapacidade temporal:

CASO PRACTICO 1
Don xxx é un traballador fronteirizo español que exerce unha actividade por conta allea nunha entidade patronal localizada en Valença. Esta persoa ten a súa residencia habitual en Galicia. Está casado e ten dous fillos dependentes que viven en Galicia.

CASO PRACTICO 2
Don xxx é un traballador portugués que exerce unha actividade por conta allea nunha entidade patronal localizada en Valença. Este traballador vive en Valença coa súa esposa e dous fillos dependentes.
A entidade patronal que o contratou ten unha filial/sucursal en España e decide destacar o seu traballador a España conservando o seu vínculo profesional coa entidade patronal localizada en Valença. Non obstante, o traballador mantén a súa residencia en Portugal.

CUESTIONS

a) En que país e a que organismo o traballador pagará as súas contribucións á Seguridade Social.

    En Portugal.

    O traballador ten que cotizar á Seguridade Social portuguesa na medida en que exerce unha actividade no territorio portugués.

    O artigo 13.2.a. do Regulamento CEE n.º 1408/71 establece como regra xeral que o traballador por conta allea quedará sometido á lei do país onde traballa.

    A entidade patronal deberá incribir ó traballador no réxime xeral obrigatorio da Seguridade Social portuguesa no momento da súa admisión.

    As contribucións deberán pagarse na institución da seguridade social do lugar onde se atopa a empresa. As contribucións (tanto a cargo da entidade patronal como do traballador) serán descontadas e entregadas na Seguridade Social pola entidade patronal.

b) Supoñamos que o traballador ou algún membro da súa familia presenta certos síntomas que requiren unha consulta médica. ¿Onde deberán dirixirse? ¿Cales son os procedementos necesarios?

Fundamentación xurídica: Artigo 20 do Regulamento CEE n.º 1408/71 e artigo 17 do Regulamento de aplicación CEE n.º 574/72.

O traballador

O traballador fronteirizo poderá obte-la asistencia médica tanto en Portugal (país onde traballa) como en España (país de residencia).

En ámbolos dous países a través do Servicio Nacional de Saúde (en Portugal a través da Administración Rexional de Saúde)

Seguidamente, o certificado debe ser presentado na institución de seguro de enfermidade do lugar de residencia (Espanha), a efectos de inscripción do traballador e dos membros da súa familia. Ese formulario manterase válido durante un ano, polo que, se nese periodo se deixase de cumplir algunha das condicións para que Don xxx sexa considerado un traballador fronteirizo a institución competente (Portugal) enviará á institución de residencia (España) o formulario E-108 (anexo 2) para candela-lo E-106.

Se o traballador non presenta o formulario, entón a institución española dirixirase ás autoridades portuguesas para obtelo a través do modelo E-107 (anexo 3).

Entendemos que en España, Don xxx debería ter un médico de cabeceira para tódalas consultas que necesitase facer.

Os membros da súa familia (esposa e dous fillos)

Segundo a lei española son beneficiarios da asistencia sanitaria os familiares ou asimilados do traballador, é dicir, aquelas persoas que convivan con él e as súas expensas sempre que:

Entendemos que en España se lles debería asignar un médico de cabeceira para tódalas consultas que necesitasen facer.

Se precisan unha consulta médica irán o médico de cabeceira que lle corresponde ó traballador.

Finalmente, cómpre indicar que as condicións e ámbito da asistencia médica que tanto o traballador como os membros da súa familia poidan recibir en España, será de acordo co que dispoña a lexislación deste país.

c) Como resultado das consultas realizadas, Don xxx necessita dunha intervención quirúrxica, por enfermidade non profesional. ¿Onde será realizada? ¿cales son os procedementos necesarios? ¿Quen será o responsable polo pago dos gastos soportados?

    A hospitalización pode ter lugar tanto en Portugal como en España, segundo onde xurda a necesidade.

    Neste último caso, o organismo español deberá notificar ás autoridades portuguesas dentro dos tres días seguintes a aquél en que teña coñecemento da hospitalización a data de ingreso no establecemento hospitalario e a duración probable da hospitalización así como a data previsible de saída.

    Fundamentación xurídica: art. 17.6 do regulamento de aplicación.

    O organismo español deberá remitir ás autoridades portuguesas o formulario E-113 cos datos arriba mencionados, o E-115, o E-116 e posteriormente o formulario E-118. Ver anexo 4,5,6 e 8.

d) O traballador atópase nunha situación de incapacidade temporal derivada de enfermidade non profesional. ¿Quen está habilitado para conceder esta baixa por enfermidade? ¿A que prestacións ten dereito o traballador? ¿Quen soportará os gastos das prestacións concedidas?

A baixa pode ser tramitada, ben por un médico portugués ou español, segundo onde xurda a necesidade.

¿Onde solicitaría a prestación pecuniaria?

ou ben

O traballador debe dirixirse no prazo de 3 días á institución do lugar de residencia e solicita-lo formulario E-115 (anexo 5), así como o formulario E-116 (anexo 6) onde consta o informe médico expedido polo seu médico asistente.

A concesión da prestación económica notificarase mediante o formulario E-117 (anexo 7).

Este formulario tamén autoriza ó país de residencia a proceder ó pago da prestación por conta do estado competente.

Se o servicio receptor do formulario E-117 (Portugal) non concorda co informe médico enviado, emitirá o formulario E-118 para dar de alta ó traballador (anexo 8).

No suposto de que sexa un médico español o que tramite o parte de alta do traballador, despois dun periodo de incapacidade temporal, tal situación será notificada a través do formulario E-118, expedido por España.

Com referencia à prestación económica a que o traballador ten dereito, remitímonos ó disposto na parte teórica:

Se o traballador prestou servicios noutro estado europeo, a Seguridade Social Portuguesa terá en conta, se fose necesario para cumpri-lo prazo de garantia, as contribucións ahí efectuadas, como se tratase de contribucións feitas en territorio portugués. Deberá presentarse o formulario E-104 (anexo 10).

Se as prestacións pecuniarias fosen pagadas pola institución do lugar de residencia, por conta da institución competente, esta informará o interesado e indicará a aquela institución o montante das prestacións pecuniarias, as datas en que estas debem ser pagadas e o período máximo da súa concesión tal e como estea previsto na lexislación do estado competente.

Normalmente é o estado competente quen paga directamente aquelas prestacións pecuniarias ó traballador, normalmente a través de cheque enviado a éste.

Notas importantes:

e) Supoñendo que o traballador tivera un accidente cando se dirixía o seu traballo. O accidente ocorreu en Portugal. ¿Onde será atendido de urxencia? Se necesitase ser hospitalizado, ¿en que país tería lugar?

    Segundo a lexislación portuguesa, estamos ante un accidente laboral "in itinere" que ocorre no Estado competente.

    O traballador será atendido de urxencia e hospitalizado no hospital máis próximo ó lugar do accidente. Se fose hospitalizado en Portugal recibirá a asistencia presentando a súa tarxeta sanitaria.

    Se fora atendido de urxencia e hospitalizado en España, presentará ó formulario E-123 (certificación do dereito ás prestacións en especie do seguro contra os accidentes de traballo e as enfermedades profesionais). Ver anexo 11.

    Na práctica o traballador só ten o formulario E-106, polo que o normal é que sexa o organismo español quen, a través do modelo E-107, se dirixa ás autoridades portuguesas competentes (Centro Nacional de Protección contra os riscos profesionais) para obte-lo formulario E-123.

    O organismo español deberá remitir ás autoridades portuguesas o formulario E-113, sobre hospitalización e a notificación de entrada e de saída. Deberá tamén remiti-lo formulario E-115 (solicitude das prestacións económicas), o formulario E-116 (informe médico) e o formulario E-118 (alta do médico).

f) ¿E se o accidente ocorre en España?

    Estamos igualmente ante un accidente laboral "in itinere" que ocorre no Estado do país de residencia do traballador.

    Sen embargo, de acordo co disposto no art. 56º do Reg. 1408/71, considerase que o accidente tivo lugar no Estado-competente, isto é, en Portugal.

    Aplícase a mesma resposta da anterior pregunta.

g) Supoñendo que o traballador sufre un accidente non laboral, ¿onde deberá ser atendido de urxencia e se fose necesario onde deberá ser hospitalizado?

    A hospitalización pode ter lugar tanto en Portugal como en España, segundo onde xurda a necesidade.

    Neste último caso, o organismo español notificará ás autoridades portuguesas dentro dos tres días seguintes á hospitalización, a data de ingreso no establecemento hospitalario e a duración probable da hospitalización así como a data previsible de saída, presentando o formulario E-113, E-115, E-116 e E-118.

    Non habendo responsabilidade por parte de terceiros, os custos incurridos serán por conta da Seguridade Social Portuguesa.

h) Supoñendo que algún membro da familia sofre un accidente non laboral. ¿Onde deberá ser atendido e onde deberá ser hospitalizado?

A hospitalización tanto pode ter lugar en Portugal como en España, conforme onde xurda a necesidade.

Se o accidente ocorre en España (país de residencia) deberá presentarse o formulario E-106.

Se ocorre en Portugal (país competente) deberá presenta-la tarxeta sanitaria.

Non habendo responsabilidade por parte de terceiros, os custos incurridos serán por conta da Seguridade Social Portuguesa.

CASO PRACTICO 2

Don xxx é un traballador portugués que exerce unha actividade por conta allea nunha entidade patronal localizada en Valença. Este traballador vive en Valença coa súa esposa e dous fillos dependentes.

A entidade patronal que o contratou ten unha filial/sucursal en España e decide destacar o seu traballador a España conservando o seu vínculo profesional coa entidade patronal localizada en Valença. Non obstante, o traballador mantén a súa residencia en Portugal.

CUESTIONS

a) En que país e a que organismo o traballador pagará as súas contribucións á Seguridade Social?

    En Portugal.

    Segundo o disposto no artigo 14 do Regulamento CEE n.º 1408/71 o traballador que exerza unha actividade no territorio dun dos Estados comunitarios por conta allea ó servicio dunha empresa para a que traballe normalmente, e que sexa destacado no territorio do outro Estado co fin de efectuar alí un traballo por conta da empresa, quedará suxeito á lexislación da Seguridade Social do primeiro Estado sempre que:

    - O traballo a realizar no país de destacamento non exceda de 12 meses. Este período pode ser ampliado ata 12 meses máis previa conformidade da autoridade competente do Estado membro no que esté destacado.

    - O traballador por conta allea non sexa enviado en substitución doutra persoa que teña chegado ó remate do período polo que foi destacado.

    A institución competente, isto é, o Centro Rexional de Seguridade Social deberá expedi-lo formulario E-101 (certificado relativo á lexislación aplicable), que presupón a emisión do formulario E-128, e entregarllo ó traballador, quen deberá conservalo durante a súa estancia en España (anexos 12 e 13 respectivamente).

b) Se o traballador ou algún membro da súa familia se puxeran enfermos e necesitasen dunha consulta médica, ¿onde deberán dirixirse e cales son os procedementos necesarios?.

Fundamentación xurídica: Aplicación do artigo 22.b do Regulamento CEE n.º 1408/71

No caso de que os membros da familia non solicitaran o formulario E-111 o organismo español deberá solicita-lo ó organismo portugués, mediante o formulário E-107.

Os gastos da asistencia sanitaria prestada en España correrán a cargo do organismo portugués.

c) Se como resultado das consultas o traballador necesitase unha intervención quirúrxica, ¿en que lugar será efectuada e cales son os procedementos necesarios?

Os gastos de asistencia médica prestados en España correrán a cargo do organismo portugués.

d) Trámites da baixa por incapacidade temporal derivada de enfermidade non profesional. Prestación económica á que ten dereito.

Fundamentación xurídica: art. 24º do Regulamento de aplicación CEE n.º 574/72

A baixa pode ser tramitada, ben por un médico portugués ou español, segundo onde xurda a necesidade.

¿Onde solicitaría a prestación pecuniaria?

ou ben

O traballador debe dirixirse no prazo de 3 días á institución do lugar de residencia e solicita-lo formulario E-115 (anexo 5), así como o formulario E-116 (anexo 6) onde consta o informe médico expedido polo seu médico asistente.

A concesión da prestación económica notificarase mediante o formulario E-117 (anexo 7).

Este formulario tamén autoriza ó país de residencia a proceder ó pago da prestación por conta do estado competente.

Se o servicio receptor do formulario E-117 (Portugal) non concorda co informe médico enviado, emitirá o formulario E-118 para dar de alta ó traballador (anexo 8).

No suposto de que sexa un médico español o que tramite o parte de alta do traballador, despois dun periodo de incapacidade temporal, tal situación será notificada a través do formulario E-118.

Com referencia à prestación pecuniaria á que o traballador ten dereito, remitímonos ó disposto na parte teórica:

Se o traballador prestou servicios noutro estado europeo, a Seguridade Social Portuguesa terá en conta, se fose necesario para cumpri-lo prazo de garantia, as contribucións ahí efectuadas, como se tratase de contribucións feitas en territorio portugués. Deberá presentarse o formulario E-104 (anexo10).

Se o traballador se atopase en España durante a súa incapacidade, as prestacións pecuniarias posen ser pagadas pola institución da seguridade social na que se atopa comprendido, por conta da institución competente. A institución competente informará o interesado e indicará a aquela institución o montante das prestacións pecuniarias, as datas en que estas debem ser pagadas e o período máximo da súa concesión tal e como estea previsto na lexislación do estado competente.

Normalmente é o estado competente quen paga directamente aquelas prestacións pecuniarias ó traballador, normalmente a través de cheque enviado a éste.

Evidentemente, pagarase a prestación en Portugal se o traballador está no seu lugar de residencia (Valença) durante a baixa.

e) Supoñendo que o traballador tivera un accidente en Portugal no momento en que se dirixe o seu traballo. ¿Onde será atendido de urxencia e onde deberá ser hospitalizado?

    Segundo a lexislación portuguesa, estamos ante un accidente laboral "in itinere" que ocorre no Estado competente, isto é, no estado onde o traballador se atopa asegurado.

    O traballador será atendido de urxencia e hospitalizado no hospital máis próximo ó lugar do accidente. Se fose hospitalizado en Portugal recibirá a asistencia presentando a tarxeta sanitaria.

    Se fora atendido de urxencia e hospitalizado en España, presentará ó formulario E-123 (anexo 11).

    Na práctica o traballador só ten o formulario E-106, polo que o normal é que sexa o organismo español quen, a través do modelo E-107, se dirixa ás autoridades portuguesas competentes (Centro Nacional de Protección contra os Riscos Profesionais) para obte-lo formulario E-123.

    O organismo español deberá remitir ás autoridades portuguesas o formulario E-113, sobre hospitalización e a notificación de entrada e de saída. Deberá tamén remiti-lo formulario E-115 (solicitude das prestacións económicas), o formulario E-116 (informe médico) e o formulario E-118 (alta do médico).

f) ¿E se o accidente ocorre en España?

    Estamos igualmente ante un accidente laboral "in itinere" que ocorre no Estado do país de residencia do traballador.

    Sen embargo, de acordo co disposto no art. 56º do Reg. 1408/71, considerase que o accidente tivo lugar no Estado-competente, isto é, en Portugal.

    Aplícase a mesma resposta da anterior pregunta.

g) Se o traballador sofre un accidente non laboral, ¿onde deberá ser atendido de urxencia e onde deberá ser hospitalizado?

    A hospitalización pode ter lugar tanto en Portugal como en España, segundo onde xurda a necesidade.

    Neste último caso, o organismo español notificará ás autoridades portuguesas dentro dos tres días seguintes á hospitalización, a data de ingreso no establecemento hospitalario e a duración probable da hospitalización así como a data previsible de saída, presentando o formulario E-113, E-115, E-116 e E-118.

    Non habendo responsabilidade por parte de terceiros, os custos incurridos serán por conta da Seguridade Social Portuguesa.

h) Se a súa esposa ou algún membro da súa familia sofren un accidente non laboral, ¿onde deverán ser atendidos e onde deberán ser hospitalizados?

A hospitalización tanto pode ter lugar en Portugal como en España, conforme onde xurda a necesidade.

Se o accidente ocorre en España (país de residencia) deberá presentarse o formulario E-111.

Se ocorre en Portugal (país competente) deberá presenta-la tarxeta sanitaria.

Non habendo responsabilidade por parte de terceiros, os custos incurridos serán por conta da Seguridade Social Portuguesa.