SEGURIDADE SOCIAL

PORTUGAL

2.1.4. Protección familiar

CASO PRACTICO 1
Don xxx é un traballador fronteirizo español que reside en Galicia coa súa familia pero exerce unha actividade por conta allea nunha entidade patronal localizada en Valença. Está afiliado no Sistema da Seguridade Social portuguesa.
Ten dous fillos de 10 y 12 anos que están o seu cargo e ten uns ingresos baixos. A esposa non exerce ningunha actividade profesional, polo que non obtén rendimentos.

CASO PRACTICO 2
Traballador fronteirizo español que reside en Galicia coa súa familia pero exerce unha actividade por conta allea nunha entidade patronal localizada en Valença. Está afiliado no Sistema da Seguridade Social portuguesa.
Ten tres fillos de 16, 19 e 25 anos de idade que están o seu cargo e ten uns ingresos baixos. Ademáis o fillo de 25 anos ten unha minusvalía do 80% e requere da axuda doutra persoa para realiza-las tarefas esenciais da vida.
A esposa non exerce ningunha actividade profesional, polo que non obtén rendementos.


CASO PRACTICO 1

Don xxx é un traballador fronteirizo español que reside en Galicia coa súa familia pero exerce unha actividade por conta allea nunha entidade patronal localizada en Valença. Está afiliado no Sistema da Seguridade Social portuguesa.

Ten dous fillos de 10 y 12 anos que están o seu cargo e ten uns ingresos baixos. A esposa non exerce ningunha actividade profesional, polo que non obtén rendimentos.

CUESTIONS

a) ¿Que lexislación se aplica?.

    En virtude do disposto no artigo 13.2.a. do Regulamento CEE n.º 1408/71 o traballador cotiza á Seguridade Social portuguesa pois exerce unha actividade en territorio portugués.

    En consecuencia, en materia de protección familiar a lexislación aplicable é a portuguesa.

    Máis concretamente, o artigo 73 do Regulamento CEE n.º 1408/71 establece que o traballador sometido á lexislación dun Estado Membro (neste caso Portugal) terá dereito, para os membros da súa familia que residan noutro Estado da Comunidade Europea (neste caso os seus fillos residen en España co seu pai), as prestacións familiares previstas na lei do primeiro Estado (Portugal) como se resideran neste territorio.

    O subsidio familiar a nenos e mozos é unha prestación mensual que ven a compensa-las cargas familiares referentes á manutención e educación dos descendentes dos beneficiarios.

b) ¿Que requisitos teñen que cumprirse para ter dereito á prestación por fillos a cargo?

    De acordo coa lexislación portuguesa, dado que os fillos do traballador teñen dez e doze anos atribúese un subsidio ó beneficiario, ou sexa ó traballador fronteirizo.

    O beneficiario das prestacións (traballador fronteirizo) ten que ter rexistro de remuneracións, seguidos ou salteados, verificadas (contadas) nos 12 meses que preceden o 2º mes anterior á data de presentación da solicitude.

    O prazo para presenta-la solicitude é de 6 meses a partir do mes seguinte a aquel en que ocorreu o feito determinante da súa concesión, en modelo oficial, acompañado dos documentos de proba nel indicados.

    O subsidio familiar a nenos e mozos é concedido ós descendentes do beneficiario ata a idade de 16 anos; dos 16 ata os 18 anos se estiveren inscritos no ensino básico ou equivalente; dos 18 ata os 21 anos se estiveren inscritos no ensino secundario ou equivalente; dos 21 ata os 24 anos se estiveren inscritos no ensino superior ou equivalente; ata os 24 anos, se se trata de persoas portadoras de deficiencia, e se cumpren as condicións de atribución da bonificación por deficiencia do subsidio familiar a nenos e mozos.

c) ¿En que consiste a prestación atribuída por fillos dependentes?

    As prestacións familiares, atribuidas a título de subsidio a nenos e mozos son variables e veñen establecidas en Portaria.

    Ademáis veñen determinadas en función do nivel de rendementos dos membros da familia, do n.º de titulares con dereito ó subsidio e da idade dos titulares con dereito á prestación.

    Os dous fillos teñen dereito ó subsidio, mensualmente, durante todo o ano.

    A proba dos rendementos do agregado familiar é renovada anualmente no mes de Outubro.

    O subsidio atribuído será como máximo 4.680 Escudos por cada dependente, dependendo do nivel de rendementos do agregado familiar.

    Para determina-la cuantía do subsidio encóntranse establecidos os seguintes escalóns de rendementos, indexados ó valor de remuneración mínima mensual (Esc. 63.800):

    1º escalón: rendementos iguais ou inferiores a Esc. 1.339.800

    2º escalón: entre Esc 1.339.800 e Esc. 7.145.600

    3º escalón: superior 7.145.600

    Portaria n.º 50/2000, de 8 de Febreiro

    Ata 1 ano de idade (valores em Esc.)

    Escalóns de rendementos
    1º e 2º descendentes
    3º descendentes e seguintes
    1º escalón
    15.600
    23.410
    2º escalón
    11.950
    16.070
    3º escalón
    7.640
    9.940

    Con máis dun ano de idade (valores em Esc.)

    Escalóns de rendementos
    1º e 2º descendentes
    3º descendentes e seguintes
    1º escalón
    4.680
    7.030
    2º escalón
    3.210
    4.350
    3º escalón
    2.920
    3.790

d) ¿A que autoridade se deberá solicita-lo subsidio?

Ó centro rexional de seguridade social da área onde o traballador exerce a súa actividade, a solicitude do beneficiario (anexo 19).

O traballador debe presentar un certificado relativo ós membros da súa familia que residen no territorio dun Estado-membro que non sexa aquel en que se encontra a institución competente (neste caso, en España) ), a través do formulario E-401 (anexo 21). O certificado deberá ser expedido ben polas autoridades competentes en materia de estado civil do país de residencia dos membros da familia (España), ben pola institución do lugar de residencia dos mesmos membros da familia, competente en materia do seguro por enfermidade, ben por qualquer outra institución designada pola autoridade competente do Estado-membro onde residen os membros da familia. O referido certificado debe ser renovado anualmente.

A institución debe notificar ó solicitante sobre o recoñecemento e cuantía das prestacións e da data do inicio das mesmas.


CASO PRACTICO 2

Traballador fronteirizo español que reside en Galicia coa súa familia pero exerce unha actividade por conta allea nunha entidade patronal localizada en Valença. Está afiliado no Sistema da Seguridade Social portuguesa.

Ten tres fillos de 16, 19 e 25 anos de idade que están o seu cargo e ten uns ingresos baixos. Ademáis o fillo de 25 anos ten unha minusvalía do 80% e requere da axuda doutra persoa para realiza-las tarefas esenciais da vida.

A esposa non exerce ningunha actividade profesional, polo que non obtén rendementos.

a) ¿Cal é a lexislación aplicable?

    Aplícase a mesma resposta do anterior caso práctico.

b) ¿Cales son os requisitos que se debem observar para que o traballador teña dereito ás prestacións polos fillos o seu cargo?

Aplícase a mesma resposta do anterior caso práctico, coas seguintes particularidades:

Con relación ó fillo de 16 anos, o subsidio é atribuído sen máis. No que concerne o fillo de 19 anos, o subsidio só é atribuído se estivera matriculado no ensino secundario, curso equivalente ou de nivel subsequente, ou se estivera en prácticas de fin de curso indispensables para a obtención do respectivo diploma. Deberá presentar documento comprobativo e presenta-lo formulario E-402 (anexo 22).

O fillo de 25 anos, terá dereito a un subsidio mensual vitalicio, para compensa-lo crecemento das cargas familiares, polo feito de ser portador dunha deficiencia de natureza física, organica, sensorial, motora ou mental, encontrándose nunha situación que o imposibilite para subsistir normalmente por el mesmo mediante o exercicio dunha actividade profesional. Deberá presentarse o formulario E-404 (anexo 23).

Con referencia ó fillo de 25 anos, poderá tamén ser recoñecido un subsidio por asistencia de terceira persoa. Este subsidio é unha prestación mensual que se destina a compensa-lo crecemento das cargas familiares resultantes da situación de dependencia dos descendentes titulares do subsidio mensual vitalicio, que esixa o acompañamento permanente de terceira persoa, polo feito de non poder practicar con autonomía os actos indispensables para satisface-las necesidades básicas da vida cotidiana (alimentación, locomoción e cuidados de hixiene persoal).

A asistencia por terceira persoa considérase permanente cando implique unha atención de, polo menos, seis horas diarias.

O prazo para solicita-los subsidios é de 6 meses a partir do mes seguinte a aquel en que ocorreu o feito determinante da súa concesión.

Neste caso, a solicitude deberá ser acompañada dos seguintes documentos:

c) ¿En que consiste a prestación atribuída por fillos dependentes?

    Aplicación da mesma resposta do anterior caso práctico, coas seguintes particularidades:

    O fillo de 16 anos ten dereito ó subsidio de forma mensual durante todo o ano no valor máximo de Esc. 4.680, dependendo do nivel de rendementos do grupo familiar.

    O fillo de 19 anos, e sempre que se cumpran os requisitos anteriormente referidos, ten dereito ó subsidio, durante o ano escolar (desde o 1 de Setembro ata o 31 de Agosto do ano seguinte), tamén no máximo por aqueles valores.

    O fillo de 25 anos terá dereito a un subsidio mensual vitalicio de Esc. 25.000, se cumpre os requisitos anteriormente definidos. E o subsidio por asistencia da 3ª persoa é de Esc. 12.500.

d) ¿A que autoridade se deberá solicita-lo subsidio?

Aplicación da mesma resposta do anterior caso práctico.