SEGURIDADE SOCIAL

PORTUGAL

2.1.6 MORTE E SUPERVIVENCIA

CASO PRACTICO
Don xxx é un traballador fronteirizo español que reside en Galicia coa súa familia pero exerce unha actividade por conta allea nunha entidade patronal localizada en Valença. Está afiliado no Sistema da Seguridade Social portuguesa.
O 3 de marzo, cando regresaba a súa casa en Galicia despois de termina-la xornada de traballo morre nun accidente de tráfico.

CASO PRACTICO
Traballador fronteirizo español que reside en Galicia coa súa familia pero exerce una actividade por conta allea nunha entidade patronal localizada en Portugal. Está afiliado no Sistema da Seguridade Social portuguesa.
O 1 de maio de 1999 morre o traballador, deixando viúva e un fillo de 14 anos.

CASO PRATICO
Traballador fronteirizo español que traballa por conta allea nunha entidade patronal localizada en Valença. Está afiliadono sistema da Seguridade Social portuguesa.
O 1 de Maio de 1999 morre como consecuencia dunha enfermidade non profesional. Estaba solteiro e no momento do seu falecemento vivía co seu irmán menor de 18 anos e órfo de pais.

A) SUBSIDIO POR MORTE

CUESTIONS

a) Lexislación aplicable.

    A lexislación portuguesa.

    En virtude do disposto no artigo 13.2.a) do Regulamento CEE n.º 1408/71 o traballador cotiza á Seguridade Social portuguesa pois exerce unha actividade en territorio portugués.

    En consecuencia, en materia de subsidio por defunción a lexislación aplicable é a portuguesa.

    Se o traballador faleceu en España, considerase que a morte ocorreu no territorio do estado competente (Portugal).

b) De acordo coa lexislación aplicable quen son os beneficiarios do subsidio por morte?

    O dereito a este subsidio é recoñecido ós familiares do beneficiario, independentemente do prazo de garantia.

    Os familiares comprenden ó cónxuxe e descendentes.

    En defecto destes, poderá ser atribuído a outros parentes, afins ou equiparados do beneficiario, en liña recta ou colateral ata o 3º grado, que estiveran a cargo do mesmo, na data da súa morte.

    Se non existiran familiares com dereito ó Subsídio por Morte, a persoa que probe que pagou os gastos do funeral pode ser reembolsado polos mesmos ata o valor do respectivo subsídio.

c) A que organismo teñen que se dirixirse os beneficiarios e que documentos deben presentar?

Os beneficiarios do subsidio por morte poden solicitalo:

ou

En Portugal, o subsidio por morte é solicitado no prazo de cinco anos a contar desde a data da morte, en modelo oficial (anexo 30), facilitado polo Centro Nacional de Pensións, xunto cos seguintes documentos:

- Certificado de nacemento do beneficiario falecido co certificado ou asento de defunción;

- Fotocopia da cartilla de Contribuinte do solicitante.

O reembolso dos gastos de funeral, cando non existan familiares co dereito ó Subsídio por Morte, deberá ser solicitado mediante requeremento individual (anexo 31), no prazo dun ano a contar desde a data de falecemento, acompañando os documentos arriba mencionados e ademáis os seguintes:

d) ¿Quen abona esta prestación e cal é a cuantía?

O subsidio é igual a unha cantidade equivalente ó valor de seis veces a remuneración media mensual dos dous mellores anos dos últimos cinco con rexistro de remuneracións, cun límite de seis veces o Salario Mínimo Nacional (SMN).

O reembolso dos gastos do funeral non poderá supera-lo valor daquel subsidio.

O subsidio será abonado integramente polo organismo portugués, normalmente mediante o envío dun cheque do Centro Nacional de Pensións directamente ó solicitante.

B) PENSION DE SUPERVIVENCIA

CASO PRACTICO

Traballador fronteirizo español que reside en Galicia coa súa familia pero exerce una actividade por conta allea nunha entidade patronal localizada en Portugal. Está afiliado no Sistema da Seguridade Social portuguesa.

O 1 de maio de 1999 morre o traballador, deixando viúva e un fillo de 14 anos.

CUESTIONS

a) Lexislación aplicable.

    A lexislación portuguesa.

    En virtude do disposto no artigo 13.2.a) do Regulamento CEE n.º 1408/71 o traballador cotiza á Seguridade Social portuguesa pois exerce unha actividade en territorio portugués.

    En consecuencia, en materia de pensión de supervivencia a lexislación aplicable é a portuguesa.

    Se o traballador faleceu en España, considerase que a morte ocorreu no territorio do estado competente (Portugal).

b) Se de acordo coa lexislación aplicable teñen dereito o fillo e a viúva ás correspondentes prestacións, habería que determinar se o cálculo destas varía en función de cal fora a causa da morte (enfermidade común ou profesional, accidente laboral ou non).

    Se o traballador morreu como consecuencia dunha enfermidade non profesional, o dereito a esta pensión depende de se o beneficiario, na data do falecemento, tiña 36 meses con rexistro de remuneracións, para que a viúva teña dereiro ás correspondentes prestacións.

    Neste caso, se o traballador prestou servicios anteriormente noutro país da Comunidade Europea o organismo portugués terá en conta as contribucións que realizou nese Estado-membro, como se se tratase de períodos cumpridos ó amparo da lexislación portuguesa, a través do formulario E-205 (anexo 26).

c) A que organismo teñen que dirixirse os beneficiarios e que documentos debem presentar?

En Portugal, a Pensión de Supervivencia é solicitada no mesmo documento en que é solicitado o subsidio por morte (anexo 30) ou no seu defecto mediante carta do solicitante debendo neste caso ser acompañada de:

d) Quen abona esta prestación e cal é a súa cuantía?

A cuantía é determinada mediante a aplicación de porcentaxes ó valor da pensión de invalidez ou de xubilación a que o beneficiario recebía ou a que lle sería calculada na data do seu falecemento.

No caso en concreto, a porcentaxe aplicada á viúva será do 60% se non existira ex-cónxuxe e do 20% ó fillo único do matrimonio.

Non obstante existe uma excepción:

Cando a morte do traballador sexa como consecuencia dun accidente de traballo ou enfermidade profesional as pensións ás que os beneficiarios poidan ter dereito serán sempre abonadas pola institución do país onde estivo asegurado o traballador falecido (no noso caso Portugal) e de acordo coa lexislación ahí prevista.

Matización importante que hai que ter en conta para i) as prestacións de incapacidade permanente, ii) morte e supervivencia e iii) xubilación.

De acordo co artigo 48 do Regulamento CEE n.º 1408/71, a institución dun estado membro non estará obrigada a conceder prestacións en virtude do periodo de cotización cumpridos segundo a lexislación que aplique cando:

e

Se se dan estas dúas circunstancias ese Estado non ten a obriga de totalizar periodos de cotización, de tal maneira que non estaría obrigado por norma a pagar prestacións.

C) Pension en favor de familiares

CASO PRATICO

Traballador fronteirizo español que traballa por conta allea nunha entidade patronal localizada en Valença. Está afiliadono sistema da Seguridade Social portuguesa.

O 1 de Maio de 1999 morre como consecuencia dunha enfermidade non profesional. Estaba solteiro e no momento do seu falecemento vivía co seu irmán menor de 18 anos e órfo de pais.

CUESTIONS

a) Lexislación aplicable.

    A lexislación portuguesa.

    En virtude do disposto no artigo 13.2.a) do Regulamento CEE n.º 1408/71 o traballador cotiza á Seguridade Social portuguesa pois exerce unha actividade en territorio portugués.

    En consecuencia, en materia de pensión de supervivencia a lexislación aplicable é a portuguesa.

    Se o traballador faleceu en España, considerase que a morte ocorreu no territorio do estado competente (Portugal).

b) Determinar se de acordo coa lexislación aplicable ten o irmán do falecido dereito a algunha prestación.

De acordo coa lexislación portuguesa o irmán non ten dereito a ningunha pensión ou equivalente.