SEGURIDADE SOCIAL

PORTUGAL

2.1.8. PRESTACIONS POR DESEMPREGO

CASO PRACTICO 1
Don xxx é un traballador fronteirizo portugués que reside en Portugal coa súa familia e traballa por conta allea nunha empresa española localizada en Galicia. Este traballador está inscrito no sistema da Seguridade Social española.
Posteriormente, ó traballador se lle extingue a súa relación laboral, quedando nunha situación de desemprego total.

CASO PRACTICO 2
Don xxx é un traballador fronteirizo português que reside en Portugal coa súa familia e traballa por conta allea nunha entidade patronal localizada en Vigo. Este traballador está inscrito no sistema da Seguridade Social espanhola.
Despois de que se lle extinguira a súa situación laboral pasando o trabalhador a unha situación de desemprego total, o mesmo celebra contrato de traballo parcial con outra entidade, quedando nunha situación de desemprego parcial.

CASO PRÁTICO 3
Don xxx é un traballador portugués que presta os seus servicios por conta allea para unha entidade patronal localizada en Valença. Este traballador vive en Valença coa súa familia.
A empresa que o contratou ten unha filial/sucursal en España e decide destacar o seu traballador a España para que preste unha actividade durante tres meses na empresa española, conservando o vínculo laboral coa entidade patronal. Non obstante, o traballador mantén a súa residencia en Valença.
Posteriormente ó traballador se lle extingue a súa relación laboral quedando nunha situación de desemprego total.

a) Unha vez que quede en situación de desemprego total ¿que lexislación se lle aplica?¿Cales son os requisitos que ten que cumprir para ter dereito ás prestacións por desemprego?

    Fundamentación xurídica: Artigo 71.1 a), ii) do Regulamento CEE n.º 1408/71.

    O traballador terá dereito ás prestacións por desemprego conforme o que determine a lexislación portuguesa.

b) Onde deberá solicita-la prestación por desemprego? Modelos a utilizar.

A atribución das prestacións de desemprego depende da presentación da solicitude á institución da área de residencia, no prazo de 90 días consecutivos a contar desde a data do desemprego utilizando o modelo nacional (anexo 32), xunto cos seguintes documentos.

Deberá tamén presentar un certificado que mencione os periodos de seguro ou de emprego cumpridos baixo a lexislación española á que estivo suxeito. Deberá presentarse o formulario E-301 (anexo 33).

c) ¿Que institución abona a prestación por desemprego e cales son os requisitos necesarios para o acesso á prestación?

A institución que abona a prestación é o Centro Rexional de Seguridade Social portugués, unha vez que se verifiquen os seguintes requisitos:

  1. O traballador tiña que estar vinculado por un contrato de traballo, ainda que estivese suxeito a lexislación especial;
  2. O beneficiario debe atoparse en situación de desemprego involuntario, con capacidade e dispoñibilidade para o traballo e, inscrito, como candidato a emprego, no centro de emprego da área de residencia;
  3. O prazo de garantía para a atribución do subsidio de desemprego é de 540 días de traballo por conta allea, co correspondente rexistro de remuneracións nun período de 24 meses inmediatamente anterior á data do desemprego.

A institución terá en conta os períodos de contribucións cumpridos en España como se se efectuaran en Portugal, presentándose ó efecto o formulario E-301.

Non se recoñece o dereito ás prestacións de desemprego ós beneficiarios que, na data do desemprego, teñan a idade legal de aceso á pensión de xubilación, sempre que se teña cumprido o respectivo prazo de garantía.

A cuantía diario de subsidio de desemprego é igual ó 65% da remuneración de referencia e calculado sobre a base de 30 días no mes. A remuneración de referencia corresponde á remuneración media diaria definida por R/360, en que R representa o total das remuneracións rexistradas nos primeiros 12 meses civís que preceden ó 2º mes anterior á data do desemprego.

A cuantía mensual do subsidio de desemprego non pode ser superior ó triple da remuneración mínima garantizada á xeneralidade dos traballadores nen inferior a esa remuneración mínima.

Os periodos de concesión do subsidio de desemprego son os seguintes:

  1. 12 meses para os beneficiarios con idade inferior a 30 anos;
  1. 18 meses para os beneficiarios con idade igual ou superior a 30 anos e inferior a 40 anos;
  2. 24 meses para os beneficiarios con idade igual ou superior a 40 anos e inferior a 45 anos;
  3. 30 meses para os beneficiarios con idade igual ou superior a 45 anos.

CASO PRACTICO 2

Don xxx é un traballador fronteirizo português que reside en Portugal coa súa familia e traballa por conta allea nunha entidade patronal localizada en Vigo. Este traballador está inscrito no sistema da Seguridade Social espanhola.

Despois de que se lle extinguira a súa situación laboral pasando o trabalhador a unha situación de desemprego total, o mesmo celebra contrato de traballo parcial con outra entidade, quedando nunha situación de desemprego parcial.

a) Unha vez que quede en situación de desemprego parcial ¿que lexislación se lle aplica?¿Cales son os requisitos que ten que cumprir para ter dereito ás prestacións por desemprego?

    Fundamentación xurídica: Art. 71.1.a),i) do Regulamento CEE n.º 1408/71

    O traballador terá dereito ás prestacións de desemprego conforme o disposto na lexislación portuguesa.

b) ¿Onde deberá solicita-la prestación por desemprego? Modelos a utilizar.

    A protección a través do subsidio de desemprego parcial asegúrase nas situacións en que o beneficiario, a recibir subsidio de desemprego, celebre contrato de traballo a tempo parcial (o número de horas semanal ten que ser superior ó 20% e inferior a 75% do periodo normal de traballo a tempo completo e o valor da remuneración do traballo ten que ser inferior á cuantía do subsidio de desemprego).

    O recoñecemento do subsidio de desemprego parcial depende da presentación ó Centro Rexional de Seguridade Social portugués no que se atopa o beneficiario de medios de proba específicos das condicións que xustifican a súa atribución no prazo de 90 días consecutivos a contar desde a data do inicio do traballo parcial.

    Deberá tamén presentar un certificado que mencione os periodos de seguro ou de emprego cumpridos ó amparo da lexislación española, á que estivera suxeito, a través do formulario E-301.

c) ¿Que institución abona a prestación por desemprego e cales son os requisitos que se teñen que cumprir?

A institución que abona a prestación é o Centro Rexional de Seguridade Social portuguesa do lugar de residencia do traballador, unha vez que se verifiquen os requisitos da pregunta anterior.

Os periodos de rexistro de remuneracións resultantes da coexistencia de subsidio de desemprego parcial e remuneración por traballo a tempo parcial non relevan a efectos dos prazos de garantía.

A institución terá en conta os periodos de contribucións cumpridos en España como se se efectuaran en Portugal.

Non se recoñece o dereito ás prestacións de desemprego ós beneficiarios que, na data do desemprego, teñan a idade legal de aceso á pensión de xubilación, sempre que cumpra o respectivo prazo de garantía.

A cuantía do subsidio de desemprego parcial corresponde á diferencia entre o valor do subsidio de desemprego incrementado no 25% deste valor e o da remuneración por traballo a tempo parcial.

A duración do subsidio de desemprego parcial ten como límite o período de concesión que foi definido para o subsidio de desemprego que se encontraba en curso.

CASO PRÁTICO 3

Don xxx é un traballador portugués que presta os seus servicios por conta allea para unha entidade patronal localizada en Valença. Este traballador vive en Valença coa súa familia.

A empresa que o contratou ten unha filial/sucursal en España e decide destacar o seu traballador a España para que preste unha actividade durante tres meses na empresa española, conservando o vínculo laboral coa entidade patronal. Non obstante, o traballador mantén a súa residencia en Valença.

Posteriormente ó traballador se lle extingue a súa relación laboral quedando nunha situación de desemprego total.

a) Determinar cal é a lei aplicable en materia de Seguridade Social; é dicir, en que país ten que estar asegurado o traballador destacado?

    Segundo o disposto no artigo 14 do Regulamento CEE n.º 1408/71 o traballador que exerza unha actividade no territorio dun dos Estados comunitarios por conta allea ó servicio dunha empresa para a que traballe normalmente, e que sexa destacado no territorio do outro Estado co fin de efectuar alí un traballo por conta da empresa, quedará suxeito á lexislación da Seguridade Social do primeiro Estado sempre que:

    - O traballo a realizar no país de destacamento non exceda de 12 meses. Este período pode ser ampliado ata 12 meses máis previa conformidade da autoridade competente do Estado membro no que esté destacado.

    - O traballador por conta allea non sexa enviado en substitución doutra persoa que teña chegado ó remate do período polo que foi destacado.

    En consecuencia, o noso traballador seguirá cotizando á Seguridade Social portuguesa, aínda que exerça unha actividade nunha empresa española.

    A institución competente, isto é, o Centro Rexional de Seguridade Social portuguésa deberá cumplimenta-lo formulario E-101 (certificado relativo á lexislación aplicable) e o formulario E-128 e entregarllo ó traballador, quen deberá conserva-los durante a sús estancia en España. Ver anexo 12 e 13.

b) Unha vez que quede en situación de desemprego total cal é a lexislación que se lle aplica para saber cales son os requisitos que ten que cumprir para ter dereito ás prestacións por desemprego.

    Fundamentación xurídica: Art. 71.1.a),ii) do Regulamento CEE n.º 1408/71

    O traballador terá dereito ás prestacións de desemprego conforme o disposto na lexislación portuguesa.

c) ¿Onde deberá solicita-la prestación por desemprego? Modelos a utilizar.

A atribución das prestacións de desemprego depende da presentación da solicitude ó CRSS no que o traballador se atopa abranguido, no prazo de 90 días consecutivos a contar desde a data do desemprego utilizando o modelo nacional ( anexo 32), xunto cos seguintes documentos.

Deberá tamén presentar un certificado que mencione os periodos de seguro ou de emprego cumpridos baixo a lexislación española á que estivo suxeito.

d) ¿Que institución abona a prestación por desemprego e cales son os requisitos necesarios que se teñen que cumprir?

A institución que abona a prestación é o Centro Rexional de Seguridade Social no que o traballador se atopa abranguido, unha vez que se verifiquen os seguintes requisitos:

  1. O traballador tiña que estar vinculado por un contrato de traballo, ainda que estivese suxeito a lexislación especial;
  2. O beneficiario debe atoparse en situación de desemprego involuntario, con capacidade e dispoñibilidade para o traballo e, inscrito, como candidato a emprego, no centro de emprego da área de residencia;
  3. O prazo de garantía para a atribución do subsidio de desemprego é de 540 días de traballo por conta allea, co correspondente rexistro de remuneracións nun período de 24 meses inmediatamente anterior á data do desemprego.

A institución terá en conta os períodos de contribucións cumpridos en España como se se efectuaran en Portugal, presentándose ó efecto o formulario E-301.

Non se recoñece o dereito ás prestacións de desemprego ós beneficiarios que, na data do desemprego, teñan a idade legal de aceso á pensión de xubilación, sempre que se teña cumprido o respectivo prazo de garantía.

A cuantía diario de subsidio de desemprego é igual ó 65% da remuneración de referencia e calculado sobre a base de 30 días no mes. A remuneración de referencia corresponde á remuneración media diaria definida por R/360, en que R representa o total das remuneracións rexistradas nos primeiros 12 meses civís que preceden ó 2º mes anterior á data do desemprego.

A cuantía mensual do subsidio de desemprego non pode ser superior ó triple da remuneración mínima garantizada á xeneralidade dos traballadores nen inferior a esa remuneración mínima.

Os periodos de concesión do subsidio de desemprego son os seguintes:

  1. 12 meses para os beneficiarios con idade inferior a 30 anos;
  2. 18 meses para os beneficiarios con idade igual ou superior a 30 anos e inferior a 40 anos;
  3. 24 meses para os beneficiarios con idade igual ou superior a 40 anos e inferior a 45 anos;
  4. 30 meses para os beneficiarios con idade igual ou superior a 45 anos.

Ós beneficiarios que na data da solicitude teñan unha idade igual ou superior a 45 anos se lles aumenta en 2 meses por cada grupo de 5 anos con rexistro de remuneracións no ambito do réxime xeral, nos últimos 20 anos civís que preceden ó do desemprego.