Inicio
Acerca de EURES
Vivir en Galicia
Documentación
Axenda
Novas
Buscar no web
Contactar con EURES
Ofertas de emprego

Galicia e o Norte de Portugal constitúen unha rexión que ó longo da historia están unidas por fortes lazos de integración e relación.

Foi logo da incorporación simultánea de España e Portugal na CEE e principalmente na última década, cando asistimos a un acelerado crecemento dos intercambios intrarrexionais e a un desenvolvemento das estructuras de apoio á cooperación.

Este proceso resulta especialmente relevante no espacio fronteirizo da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Existe, dende o punto de vista dos axentes económicos e sociais, unha manifesta vontade de desenvolvemento das estructuras de encadramento dun mercado transfronteirizo de traballo, que cada día gaña unha maior importancia.

Os traballadores e traballadoras fronteirizos enfróntanse de cote cunha sobreposición das lexislacións e cuns costumes diferentes. É por mor disto que precisan información e consello para dar superado os atrancos que este descoñecemento xera.

Consciente desta situación, o Servicio EURES Transfronteirizo Norte Portugal-Galicia, en estreita colaboración cos seus parceiros, elaborou este traballo, que achega datos sobre as diferentes situacións xurídicas e laborais que poden afeta-las persoas traballadoras e as empresas que deciden desenvolve-la súa actividade laboral no espacio fronteirizo.

Esperamos que o presente documento constitúa un instrumento útil para os diferentes usuarios deste servicio.


 
  Copyright © 2000, EURES Transfronteirizo Norte Portugal-Galicia
Reservados tódolos dereitos