Traballar no espacio económico europeo
Recoñecemento de títulos obtidos na Unión Europea para efectos profesionais
Tributación
Seguridade Social
Desemprego
Enderezos útiles
VIVER EM PORTUGAL
Trabalhar na Galiza

O recoñecemento de títulos para efectos profesionais tradúcese na acción de recoñecer un título adquirido nun Estado-membro, co obxectivo de posibilitar ao seu titular o acceso ao exercicio dunha profesión regulamentada noutro Estado membro. Son profesións para o exercicio das cales é indispensable a posesión dun diploma, título, certificado ou cualificación específica.

Con este propósito, a Unión Europea adoptou un conxunto de medidas que permiten ao cidadán europeo a utilización do seu título para efectos profesionais en cada e calquera Estado membro da Unión. No intento de posibilitar tales aspiracións foron elaboradas regras e procedementos conducentes ó recoñecemento de titulacións. Foi edificado un sistema xeral de recoñecemento das cualificacións requiridas para o exercicio da maioría das profesións regulamentadas.

O recoñecemento da titulación está orientado por un principio básico: todos e cada un dos cidadáns comunitarios habilitados para o exercicio dunha determinada profesión no seu país de orixe, estarán plenamente cualificados para exercer esa mesma profesión no Estado membro de acollida. Para consolidar e regulamentar tales situacións foron elaboradas directivas comunitarias tendo por obxectivo a definición dun sistema xeral de recoñecemento de cualificacións, anteriormente mencionado. Estas pretendían a creación dun sistema que posibilitase a liberalización ao nivel de movementos profesionais, isto é, vén permitir aos nacionais dos Estados membros o desenvolvemento dunha actividade profesional, independente ou asalariada, nun Estado membro distinto daquel onde obtiveron as súas cualificacións profesionais.

Existen dúas Directivas, Sectoriais e Xerais, que regulamentan este recoñecemento:

  • Directivas Sectoriais:
    permiten un recoñecemento dos títulos praticamente automático, dado que se establece en cada una delas, a lista completa dos títulos dos diferentes Estados membros susceptibles de recoñecemento.

    As profesións regulamentadas por Directivas Sectoriais son as seguintes: Médicos; Médicos especialistas; Odontoloxistas; Farmacéuticos; Veterinarios; Enfermeiros; arquitectos.
     

  • Directivas Xerais:
    1. Directiva 89/48/CEE referente a un sistema xeral de recoñecemento de titulacións. Aplícase aos títulos que teñen unha formación superior de tres anos de duración, como mínimo, e que facultan plenamente para o exercicio dunha determinada profesión no Estado de orixe, sempre que esa profesión estea regulamentada no Estado de acollida. Esta Directiva foi trasposta para o ordenamento xurídico interno de Portugal polo Decreto Lei 289/91 de 10 de Agosto.
       
    2. Directiva 92/51/CEE que institúe un segundo sistema xeral de recoñecemento de formacións profesionais que completa a Directiva 89/48/CEE. Establece un mecanismo similar para as profesións que esixen unha formación a nivel de ensino pos-secundario inferior a tres anos ou pertencente a niveis inferiores. Foi trasposta para o ordenamento xurídico interno de Portugal polo Decreto Lei nº 242/96 de 18 de Decembro.

Para máis información sobre recoñecemento de títulos para efectos profesionais en Portugal contactar, en función da profesión, ás autoridades competentes conforme as listas anexas ó Decreto Lei nº 289/91 de 10 de Agosto (Diario da República, I Serie-A de 10/08/91) e ó Decreto Lei nº 242/96 de 18 de Decembro (Diario da República, I Serie-A de 18/12/96).

Recoñecemento de Títulos
www.gaeri.min-edu.pt/reconhecimento_titulos.htm

 

Copyright © 2000, EURES Transfronteirizo Norte Portugal-Galicia
Reservados tódolos dereitos