A Xunta de Galicia convoca cursos (presenciais e en liña) preparatorios para obter os Certificados de Lingua Galega – CELGA 2, 3 e 4.
Os CELGA permiten certificar o coñecemento que unha persoa ten do galego para os efectos de xustificar méritos ou requisitos laborais e académicos.
Os cursos están abertos a todas as persoas interesadas, independentemente da nacionalidade ou da residencia.
Poderá presentar a SOLICITUDE DE INSCRICIÓN, ata o 8 de marzo, clicando AQUÍ
Mais información en:
- CELGA (Certificado de Lingua Galega adaptado ao Marco europeo de referencia para línguas)