Contratar en EUROPA. Servizo EURES PARA A EMPRESA

Axudámoslle a difundir a súa oferta de traballo en Europa, proporcionando un sistema informático de ámbito europeo que permite a difusión en tempo real das ofertas de traballo, especialmente aquelas que requiran o dominio doutros idiomas, as que necesiten especiais cualificacións e experiencia, e que sexan dificilmente recrutables.

Axudámoslle a conseguir:

  • Candidatos idóneos para as súas vacantes no ámbito europeo, coa cualificación e habilidades específicas que precise (idiomas, especialización, etc.);
  • A difusión das ofertas de emprego fora do ámbito nacional, en calquera dos países do Espazo Económico Europeo e Suíza;
  • Información de primeira man, sobre aspectos legais e prácticos, ligados á mobilidade internacional;
  • Asesoramento sobre trámites de Seguridade Social e fórmulas de contratación laboral, sobre desprazamentos temporais dos seus traballadores noutro país;
  • Información sobre os Organismos competentes en cada país en materia de emprego, Seguridade Social, desemprego, etc

 

Contratar en PORTUGAL. Servizo EURES TRANSFRONTEIRIZO PARA A EMPRESA

Axudámoslle a difundir a súa oferta de traballo en Portugal, utilizando o sistema informático de ámbito europeo que permite a difusión en tempo real das ofertas de traballo e o contacto privilexiado que o Servizo Público de Emprego de Galicia mantén co Servizo Público de Emprego de Porttugal, o que facilita a búsqueda de candidatos nese país.

Axudámoslle a conseguir:

  • Candidatos idóneos para as súas vacantes no ámbito europeo, coa cualificación e habilidades específicas que precise (idiomas, especialización, etc.);
  • Información específica sobre a contratación de traballadores transfronteirizos (que viven nun país e traballan noutro);
  • Asesoramento especializado sobre lexislación e trámites de Seguridade Social, Lexislación Laboral, Fiscalidade, Desprazamentos temporais a outro país…;
  • Contactos con organismos competentes en cada matéria.