II - Desemprego
2.2 - Normativa Básica para os Traballadores e Traballadoras Transnacionais
83

¿Que ocorre cando o desempregado incumpre as súas obrigas?
Se o interesado non cumpre coas súas obrigas, os servizos de emprego españois deben dirixirse á institución do outro Estado para obter información. Agora ben, en ningún caso o interesado pode gozar das prestacións nos dous Estados xa que, se opta por causar o dereito no Estado membro baixo cuxa lexislación estivo sometido en último lugar, non pode pretender asemade acceder ás prestacións que, no seu caso, puideran corresponderlle no Estado de residencia (Rgto. CE/1408/1971, art.80 e 84; Rgto. CE/1408/1971, art. 71.2).