¿Onde e cando se pode solicitar a afiliación?
A solicitude de afiliación (modelo TA.1) hai que dirixila á Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou administración da mesma provincia na que estea domiciliada a empresa onde presta servizos o traballador por conta allea ou asimilado, ou onde radique o establecemento do traballador autónomo.
As solicitudes de afiliación teñen que se formular con carácter previo ó inicio da prestación de servizos do traballador.
|