III - Seguridade Social
3.2 - Prestacións Básicas da Seguridade Social en Galicia
155

3.2.6. Prestacións por Xubilación
¿Cando se adquire o dereito á prestación por xubilación?
– O día de cesamento na actividade laboral, cando o traballador está en alta.
– O día de presentación da solicitude nas situacións asimiladas á de alta, coas seguintes excepcións:
- en caso de excedencia forzosa, o día do cesamento no cargo que deu orixe á asimilación;
- en caso de traslado fóra do territorio nacional, o día do cesamento no traballo por conta allea.
– O día de presentación da solicitude, en situacións de non alta.