¿Onde percibe as pensións un traballador desprazado?
As pensións de carácter contributivo, as rendas de accidente de traballo e enfermidade profesional e os subsidios por defunción, poderá percibilas a persoa interesada, con independencia de onde resida ou se atope dentro da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo ou en Suíza. As prestacións abóaas a institución competente segundo as disposicións da lexislación que se aplique. Non obstante, e tralo acordo entre a institución competente e a institución do lugar de residencia, estas prestacións poderán ser servidas por esta última institución, por conta da primeira (art. 19, Regulamento CEE 1408/71).
|