II. Desprazamento no sentido España-Portugal xustificado por motivos académicos ou profesionais
B - Recoñecemento de estudios
a) Recoñecemento de dereitos asociados a diplomas estranxeiros de nivel, obxectivos e natureza idénticos aos de Doutor concedidos en universidades portuguesas

No caso específico do recoñecemento do grao de Doutor, existe lexislación nacional que evidencia certas diferencias relativas ao tratamento do recoñecemento dos graos de licenciado e de mestre. Esta lexislación pretende outorgar a aqueles doutorados por universidades estranxeiras os mesmos dereitos consagrados aos doutorados por universidades portuguesas, o cal non implica que lles sexa concedida a titularidade do grao de Doutor por unha universidade portuguesa.


No ámbito do Decreto-Lei n.º 216/97, de 18 de agosto, son recoñecidos aos cidadáns portugueses e aos cidadáns estranxeiros (que por forza de normas de dereito internacional sexan beneficiarios, neste dominio, dos mesmos dereitos dos cidadáns portugueses) acreditados con graos académicos estranxeiros de nivel, obxectivos e natureza similares aos do grao de Doutor conferido polas universidades portuguesas, os dereitos resultantes da titularidade deste. Con todo, este tipo de recoñecemento non implica o recoñecemento da titularidade do grao de Doutor ou de calquera outro grao ou diploma polas universidades portuguesas.
Neste sentido, foi nomeada unha Comisión de Recoñecemento de Graos Estranxeiros que debruza a súa tarefa sobre a deliberación do elenco de graos académicos concedidos por centros de Ensino Superior estranxeiros a recoñecer como posuidores de nivel, obxectivos e natureza idénticos aos do grao de Doutor conferido polas universidades portuguesas.

País Grao
Alemaña Doktor/doctor
Austria Doktor/doctor
Bélxica Docteur/doctor
Brasil Doutor *
Dinamarca Ph. D. (Philosophiae Doctor)/doctor
España Doctor
Estados Unidos de América Doctor (acreditado pelo American Council of Education – ACE)
Finlandia Tohtori/doktor
Francia Docteur
Grecia Didaktor
Holanda Doctor
Irlanda Ph. D. (Philosophiae Doctor)/D. Phil. (Doctor of Philosophy)
Italia Dottore di ricerca
Noruega Doktor scientiarus
Reino Unido Ph. D. (Philosophiae Doctor)/D. Phil. (Doctor of Philosophy)
Suecia Doktor
Suíza Doktor/ docteur/ dottore
*(cualificación A ou B, ou 6 ou 7 atribuída pola Fundación de Perfeccionamento de Persoal do Nivel Superior – CAPES)

Non obstante, a producción de calquera efecto relativo á capacidade de usufruír os mesmos dereitos inherentes á titularidade do grao de Doutor polas universidades portuguesas encóntrase condicionada ao previo rexistro do título nunha universidade pública portuguesa. De acordo co Decreto n.º 69/98, de 18 de decembro, o rexistro dos títulos de grao de Doutor conferidos por institucións de Ensino Superior estranxeiras e recoñecidos en Portugal, ao abrigo do Decreto-Lei n.º 216/97, de 18 de agosto, poderá ser requirido polo detentor do diploma ou o seu representante legal, ao rector dunha universidade pública portuguesa. A fin de instruír a petición de rexistro deberá constar:
· O orixinal do título;
· Un exemplar da tese defendida.

O rector da universidade portuguesa seleccionada poderá solicitar, á universidade estranxeira que emitiu o título, a confirmación da súa autenticidade.
O rexistro é anotado no reverso do orixinal do título e presenta a forma seguinte (n.º 6º do decreto 69/98, de 18 de febreiro):
“Nos termos do disposto no artigo 1º do Decreto-Lei n.º 216/97, de 18 de agosto, este diploma confire ao seu titular os dereitos inherentes ao grao de doutor polas universidades portuguesas.
Rexistrado na Universidade de .... (nome da universidade) con n.º .... .
...... (cidade sede da universidade que efectúa o rexistro, a .... (data do rexistro).
O rector, .... (sinatura do rector, sobre a que se acrecenta selo branco)”.

Despois de realizado o rexistro é efectuada unha copia do título (anverso e reverso), sendo o orixinal devolto ao solicitante. O rexistro deberá ser efectuado no prazo de dez días útiles, a contar desde a recepción da solicitude na rectoría da universidade portuguesa escollida.