III. Desprazamento no sentido Portugal-España, xustificado por motivos académicos ou profesionais
B - Recoñecemento de títulos obtidos na Unión Europea para efectos profesionais
Directivas Xerais

A. Directiva 89/48/CEE referente a un sistema xeral de recoñecemento de títulos

As súas principais características son as seguintes:

  • - Aplícase aos títulos que teñen unha formación superior de tres anos de duración, como mínimo, e que facultan plenamente para o exercicio dunha determinada profesión no Estado de orixe, sempre que esa profesión estea regulamentada no Estado de acollida;
  • - Contrariamente ás Directivas sectoriais, non se verificou unha coordinación previa das formacións; este feito, implica a necesidade de realizar, a priori, un exame relativo á formación inherente ao título do solicitante. Por tanto, neste caso, o exame é o que permite o acceso á profesión correspondente no Estado de acollida;
  • - No caso de existir diferencias entre as formacións conducentes á obtención dos títulos que facultan en cada Estado para o exercicio dunha mesma profesión, prevense mecanismos de compensación consistentes na realización dunha proba de aptitude ou dun período de prácticas profesionais, que deben ser realizadas con carácter previo ao recoñecemento do título.

A documentación básica para o recoñecemento, de acordo coa Directiva 89/48/CEE é a seguinte:

  • · Título ou diploma de formación académica de nivel superior ou título profesional, no seu caso;
  • · Certificado académico dos estudios realizados para a obtención do título, no cal debe constar a duración dos mesmos, medida en anos académicos, e as disciplinas cursadas;
  • · Se a profesión inherente ao título non estivese regulamentada, en termos académicos, no Estado-membro que expediu ese título, esíxese a expedición dun documento comprobativo, por parte da autoridade competente, de que o solicitante exerceu a profesión durante un período de dous anos, a tempo total, durante os últimos dez;
  • · Documento comprobativo de nacionalidade dalgún dos países da Unión Europea ou dos países asinantes do Acordo sobre o Espacio Económico Europeo.

En calquera destes casos, pode solicitarse un certificado expedido pola autoridade competente do país de orixe, que comprobe que o interesado é un profesional, que cumpre todos os requisitos esixidos pola Directiva para exercer a profesión, e que non está inhabilitado para a mesma.

As profesións regulamentadas en España no ámbito da Directiva n.º 89/48/CEE son as seguintes:

Sector Xurídico, Contabilístico e Económico

  • Avogado
  • Axente da Propiedade Industrial
  • Axente da Propiedade Inmobiliaria
  • Procurador
  • Graduado Social
  • Economista
  • Actuario de Seguros
  • Diplomado en Ciencias Empresariais e Profesor Mercantil
  • Auditor de Contas
  • Habilitado de Clases Pasivas
  • Xestor Administrativo
  • Técnico de Empresas e Actividades Turísticas
  • Intérprete Xurado

Sector da Saúde

  • Enfermeiro xeral con especialidade (excepto na especialidade obstétrico-xinecolóxica)
  • Fisioterapeuta
  • Óptico
  • Podólogo
  • Psicólogo
  • Terapeuta Ocupacional
  • Logopeda

Sector Técnico e das Ciencias Experimentais

  • Arquitecto Técnico
  • Biólogo
  • Físico
  • Xeólogo
  • Enxeñeiro Aeronáutico
  • Enxeñeiro Agrónomo
  • Enxeñeiro de Armamento e Material
  • Enxeñeiro de Armas Navais
  • Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos
  • Enxeñeiro de Minas
  • Enxeñeiro de Montes
  • Enxeñeiro de Teleconunicacións
  • Enxeñeiro Industrial
  • Enxeñeiro Naval
  • Enxeñeiro Técnico Aeronáutico
  • Enxeñeiro Técnico Agrícola
  • Enxeñeiro Técnico de Minas
  • Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas
  • Enxeñeiro Técnico de Teleconunicación
  • Enxeñeiro Técnico en Topografía
  • Enxeñeiro Técnico Forestal
  • Enxeñeiro Técnico Industrial
  • Enxeñeiro Técnico Naval
  • Xefe de Máquinas da Mariña Mercante
  • Oficial de Máquinas de Primeira Clase da Mariña Mercante
  • Oficial de Máquinas de Segunda Clase da Mariña Mercante
  • Oficial Radioelectrónico de Primeira Clase da Mariña Mercante.
  • Oficial Radioelectrónico de Segunda Clase da Mariña Mercante
  • Químico

Sector Cultural

  • Mestre (Profesor de Educación Primaria)
  • Profesor de Educación Secundaria
  • Profesor de Ensino de Música, Arte Dramática, Artes plásticas e deseño, danza; conducentes á obtención do título oficial)
  • Profesor de Universidade

Outros Sectores

  • Diplomado en Traballo Socíal