V. Seguridade social dos traballadores por conta propria : Empresarios Individuais e Professionais
|
||
5.10 Protección Garantida | ||
- Prestacións As proteccións garantidas dependen do esquema de protección escollido polo traballador por conta propia. Asi, o esquema obrigatorio comprende: - Maternidade, paternidade e adopción - Invalidez - Xubilación - Morte Para as mesmas eventualidades arriba mencionadas, o esquema amplio comprende as seguintes prestacións: - Obligacións familiares - Enfermidade - Enfermidades profesionais No que respeta ás prestacións de invalidez, xubilación, morte, obrigas familiares i enfermidades profesionais, a protección nestas eventualidades efectúase nas condicións indicadas para o Réxime Xeral da Seguridade Social dos Traballadores por conta allea. Entretanto, existen diferencias no que concerne ás prestacións no desemprego, enfermidade, maternidade, paternidade e adopción, e nos accidentes de traballo, no que se refire ás condicións de atribución e ó propio ámbito desas prestacións. 1. Desemprego Trátase da maior diferencia en comparación co Réxime Xeral da Seguridade Social dos Traballadores por conta allea, xa que no Réxime Xeral da Seguridade Social dos Traballadores Independentes non existen prestacións para esta eventualidade. 2. Enfermidade Ten como obxectivo compensa-la perda da remuneración do traballo, por motivo de enfermidade por causa non profesional. Ademáis das condicións esixidas para os traballadores por conta allea, os traballadores por conta propia deben ter a situación contributiva regularizada ata o final do 3¼ mes inmediatamente anterior ó da certificación da incapacidade. Adicionalmente, o subsidio de enfermidade iníciase no 31¼ día despois á data da certificación da incapacidade, ata o límite máximo de 365 días, ou no 1¼ día da certificación da incapacidade, nos casos de tuberculose ou internamento hospitalario, sen límite temporal. 3. Maternidade, paternidade e adopción A protección na maternidade para os traballadores independentes non integra o Subsidio de Asistencia a Descendentes enfermos. As restantes proteccións desta eventualidade atribúense nas mesmas condicións do Réxime Xeral da Seguridade Social dos traballadores por conta allea. 4. Accidentes de traballo ¨ Lexislación - Lei 100/97 de 13 de Setembro - Decreto- Lei 1159/99 de 11 de Maio Os traballadores independentes están obrigados a formalizar un seguro de accidentes de traballo que garantice as prestacións definidas, coas debidas adaptacións, para os traballadores por conta allea e os seus familiares. Só están exentos de formaliza-lo seguro os traballadores independentes que producen exclusivamente para o propio consumo ou utilización e pola súa familia. Tal feito debe probarse a través dun documento emitido pola xunta da parroquia da área de residencia do traballador. Considérase accidente de traballo, os accidentes ocorridos: (i) No traxecto normalmente utilizado e durante o período ininterrumpido e habitualmente gastado entre a súa residencia habitual ou ocasional, desde a porta de aceso para as áreas comúns do edifício ou para a vía pública, ata as instalacións que constitúen o seu local de traballo; Tamén é considerado accidente de traballo o que aconteza durante ese traxecto normal por mor de interrupcións ou desvíos determinados pola satisfación de necesidades do traballador, be por motivo de forza maior ou por caso fortuito. (ii) entre o local de traballo e o local de referencia, (iii) entre calquer dos locais referidos no punto (i) e o local onde o traballador deba prestar calquer forma de asistencia ou tratamento por causa do anterior accidente, debendo permanecer alí a ese efecto. A remuneración anual a considerar, a efectos do cálculo dos premios e das prestacións pecuniarias, corresponderá, como mínimo, a 14 veces a remuneración mínima mensual máis elevada, ou a calquer outro valor, a selección do traballador. As pensións ás que tiveran dereito os traballadores independentes actualízanse nos termos en que se produce a actualización dos traballadores por conta allea, tomándose por base a remuneración anual efectivamente percibida. Cando a víctima do accidente de traballo fora, simultáneamente, traballador independente e traballador por conta allea I exista dúbida sobre o réxime aplicable ó accidente, presumirase, excepto proba en contra, que o accidente ocorreu ó servicio da entidade empregadora. Se a entidade proba o contrario, terá dereito de regreso contra a empresa de seguros do traballador independente ou contra o propio traballador. |