ANTERIOR
INDICE
SEGUINTE
V. Seguridade social dos traballadores por conta propria : Empresarios Individuais e Professionais
5.12 Trámites ante os organismos da Seguridade Social Portuguesa no caso do empresario individual / profesional (sexa ou non fronteirizo) que queira contratar traballadores.


- Trámites

Para que o empresario poida contratar traballadores, terá que inscribirse na seguridade social, en calidade de contribuínte do Réxime Xeral dos Traballadores por conta allea, na Institución da Seguridade Social que comprenda o local de traballo.

Por outro lado, o empresario ou profesional deberá terá que efectua-la inscrición dos traballadores que inicien a actividade o seu servicio.


Inscrición

As entidades empregadoras deben comunica-lo inicio da súa actividade á respectiva Institución da Seguridade Social, indicando o ramo da actividade, a sede ou domicilio, o local ou locais de traballo.

Para iso, deverán presenta-los seguintes documentos:

- Declaración fiscal de inicio de actividade
- Nž de identificación fiscal
- Cumplimentación do modelo oficial da Seguridade Social
Inscrición dos traballadores

As entidades empregadoras poden efectua-la inscrición dos traballadores que inicien a actividade o seu servicio, ata o final do mes seguinte ó do inicio de actividade na Institución da Seguridade Social que comprenda o local de traballo.

A inscrición é vitalicia e determina a vinculación ó sistema da seguridade social, a atribución do número nacional e da cualidade de beneficiario e a emisión da tarxeta de beneficiario.

A inscrición de cada traballador produce efectos desde o día 1 do mes en que se inicia a actividade e é efectuada no Boletín de Identificación, mediante modelo oficial, acompañado do documento de identidade e a tarxeta de Identificación Fiscal de Persoa individual.

Non obstante, a entidade empregadora está obrigada a comunica-la admisión de novos traballadores, mediante calquer medio escrito, á Institución da Seguridade Social que a comprenda ata o día seguinte ó do inicio de producción de efectos do contrato de traballo.

O traballador debe comunicar á Institución da Seguridade Social que o comprende, mediante calquer medio escrito, o inicio da súa actividade profesional ou a súa vinculación a unha nova entidade empregadora, ata 24 horas despois o inicio a efectos do contrato de traballo.