ANTERIOR
INDICE
SEGUINTE
V. Seguridade social dos traballadores por conta propria : Empresarios Individuais e Professionais
5.14 Caso específico dos empresarios froteirizos (empresario que traballa num estado e reside noutro).

España y Portugal

(i) Enfermidade e maternidade

O empresario/profesional fronteirizo poderá obte-la asistencia sanitaria tanto no país onde traballa como no seu país de residencia.

En ámbolos dous países a través dos médicos do Servicio Público de Saúde.

No país onde realiza a prestación recibirá asistencia sanitaria presentando a correspondente cartilla da Seguridade Social e no país onde reside presentando o modelo normalizado E-106 (certificado do dereito ás prestacións en especie do seguro de enfermidade no caso de persoas que residen nun país que non é o competente), ou ben, se se trata dun accidente ou enfermidade profesional mediante o formulario E-123 (certificación do dereito ás prestacións en especie do seguro contra os accidentes de traballo e as enfermedades profesionais). Adxúntase como anexos números 3 e 4, respectivamente.

(ii) Xubilación

O empresario/profesional ten que dirixi-la solicitude directamente ó organismo competente do país onde reside, o cal trasladaría a mesma ás autoridades do país de traballo.

Non obstante, se non tivera cotizacións nin no país de residencia nin noutro país europeo, entón tamén poderá dirixi-la solicitude de pensión ó organismo do país onde prestaba os seus servicios.


(iii) Morte e supervivencia

1. Auxilio por defunción

Os beneficiarios poden dirixi-la súa solicitude ás autoridades competentes da provincia onde o empresario falecido prestaba os seus servicios, ou ben ó organismo do seu estado de residencia a través do formulario E-124. Adxúntase como anexo número 5.

2. Pensión por morte ou supervivencia e prestación en favor de familiares.

Os beneficiarios (a viúva e os fillos) teñen que dirixi-la solicitude directamente ó organismo competente do país onde residen, o cal trasladaría a mesma ás autoridades do país de traballo.

Non obstante, se o empresario falecido non tivera cotizacións nin no país de residencia nin noutro país europeo, entón os beneficiarios tamén poderían solicita-la pensión ó organismo do país onde o empresario prestaba os seus servicios.

(iv) Protección familiar

O empresario dirixirá a solicitude ó organismo competente do país onde presta os seus servicios.