ANTERIOR
INDICE
SEGUINTE
III. Trámites para o inicio da actividade empresarial ou profesional con establecemento permanente
3.1 Licencia de obras

En España, é necesaria a obtención de licencia para a realización de obras. Habitualmente, distínguese entre unha licencia de obras maiores e outra de obras menores, en función do tipo de traballos que se teñan que realizar (normalmente considéranse obras menores aquelas que non afectan á estructura da edificación).

En Portugal, están suxeitas a licencia municipal:

- Tódalas obras de construcción civil, isto é novos edifícios e reconstrucción, ampliación, alteración, reparación ou demolición de edificacións, e incluso os traballos que, non tendo natureza exclusivamente agrícola, impliquen unha alteración da topografia local;

- A utilización de edificios ou das súas fraccións autónomas, así como as respectivas alteracións, e

- As obras de simple conservación, restauración, reparación ou limpeza, cando impliquen modificación da estrutura das fachadas, da forma dos tellados, da natureza e da cor dos materiais de revestimentos exteriores.

- En España, tanto a licencia de obras maiores como a de obras menores esixen o abono dunha tasa municipal, aínda que normalmente a tramitación é diferente. Ademáis, algúns concellos esixen o abono do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras.

- A licencia debe ser concedida polo Concello do término municipal onde se teñan que realiza-las obras, de acordo coas súas ordenanzas urbanísticas. é por iso necesario dirixirse ó Concello correspondente co fin de informarse acerca dos trámites a cumprir, dos impresos e documentación que deben ser presentados, da maneira de ingresa-las tasas, etc.

- A tramitación realízase ante la Concellería correspondente (habitualmente, a de Urbanismo). Mentras non se conceda, non poden iniciarse as obras; en caso de incumprimento, pode sancionarse coa paralización das obras e a obriga de demole-lo construido ou reformado.

- En Portugal, calquer interesado pode solicitar á Cámara Municipal información sobre a posibilidade de realizar determinadas obras suxeitas a licencia municipal e os respectivos condicionamentos urbanísticos, principalmente relativos a infra estruturas, servidumes administrativas e restriccións de utilidade pública, índices urbanísticos, cercas, afastamentos e demáis condicionamentos que inflúan na utilización do lote, do terreo, do edificio ou da fracción autónoma.

- Esta solicitude debe dirixirse ó Presidente da Cámara Municipal, baixo a forma de requerimento, e nela debe consta-la sede ou domicilio do solicitante, así como a indicación da cualidade de propietario, usufrutuario, locatario, titular do dereito de uso e habitación, superficiario ou mandatario.

- Tamén en Portugal, a licencia de obras esixe o abono dunha tasa.