III. Trámites para o inicio da actividade empresarial ou profesional con establecemento permanente
|
||
3.3 Comunicación da conclusión das obras ou instalacións e obtención de Licencia de Primera utilización, uso ou posta en servicio. | ||
Rematada-las obras ou instalacións, o titular da licencia deberá poñelo en coñecemento do Concello (España) ou da Cámara Municipal (Portugal). O servicio técnico competente realizará a inspección e se comproba que a obra rematada se axusta estrictamente ó proxecto aprobado, ás condicións da licencia e ás prescripcións das normas urbanísticas, ordenanzas municipais e demáis disposicións reguladoras e atópanse dispostas e a punto de funcionamento, no seu caso, as instalacións de protección contra incendios, ascensores, etc., informará favorablemente a concesión da licencia de primeira utilización, uso ou da posta en servicio. Se polo contrario se observase algún defecto, proporase á autoridade municipal a súa subsanación. As empresas subministradoras de auga, gas, electricidade, teléfono, así como as de saneamento, deben absterse de conecta-las respectivas instalacións ata tanto non fose concedida esta licencia. É necesario o abono dunha tasa. |