III. Trámites para o inicio da actividade empresarial ou profesional con establecemento permanente | ||
3.8 Legalización de libros | ||
En España, é obrigatorio levar unha contabilidade ordenada e adecuada á actividade da empresa, segundo establece o Código de Comercio, así como un libro diario e outro de inventario e contas anuais (estos dous legalízanse no Rexistro Mercantil correspondente). A contabilidade da empresa debe estar adaptada ó Plan Xeral Contable español, aprobado polo RD 1643/90 do 20 de decembro de 1990. En Portugal, as sociedades comerciais e demáis entidades que exerzan a título principal unha actividade comercial, industrial ou agrícola están obrigadas a dispoñer dunha contabilidade organizada nos termos da lei comercial e fiscal que permita o control do beneficio tributable. A contabilidade da empresa debe obedecer ás normas e principios do POC Plan Oficial de Contabilidade, aprobado polo Dec. 410/89, do 21 de Novembro.
|