IV. Obrigas Fiscais
4.1. Obrigas Fiscais en España - C. Residencia fiscal en España.

Persoas Físicas (IRPF):

Enténdese que o contribuínte ten a súa residencia habitual en España cando concurra calquera das circunstancias seguintes:

- Que permaneza en España máis de 183 días, durante un ano natural en territorio español.
- Que radique en España o núcleo principal ou a base das súas actividades ou intereses económicos, de forma directa ou indirecta.

Presúmese a residencia en España, salvo proba en contra, cando residan habitualmente en territorio español o cónxuxe non separado legalmente e os fillos menores de idade que dependan daquél.