ANTERIOR
INDICE
SEGUINTE
IV. Obrigas Fiscais
4.2 Obrigas Fiscais en Portugal - B. Sistema Tributário Portugués


- Imposto do Selo

O imposto do selo incide sobre tódolos contratos, documentos, títulos, libros, papeis e outros feitos previstos na Tabla Xeral do Imposto do Selo. Non están suxeitas a imposto as operacións suxeitas e non exentas ó imposto sobre o valor engadido.

Estatuto dos Benefícios Fiscais

Considéranse benefícios fiscais as medidas de carácter excepcional instituídas para a tutela de intereses públicos extrafiscais relevantes que sexan superiores ós da propia tributación que impiden, entre outros, reduccións das taxas, deduccións na cota impoñible e na cota tributable, amortizacións e devolucións aceleradas, sempre que obedezan ás características enunciadas.

As normas que prevén benefícios fiscais están en vigor durante un período de cinco anos, se non tivesen previsto outro, salvo cando, por natureza, os benefícios fiscais tiveran carácter estructural.

A creación de benefícios fiscais depende da clara definición dos seus obxectivos e da previa cuantificación do gasto fiscal, previstas no Presuposto do Estado ou en documento anexo.