ANTERIOR
INDICE
SEGUINTE
V. Seguridade social dos traballadores por conta propria : Empresarios Individuais e Professionais
5.4 Trámites ante os organismos da Seguridade Social Española que se teñen que cumprir para que un empresario individual/profesional (sexa ou non fronterizo) poida desempeña-lo seu traballo en España.

- Cotixación à Seguridade Social

A cotización ó Réxime Especial é obrigatoria para as persoas comprendidas no seu campo de aplicación, as cales responden directamente das cotas.

Existen unhas bases máximas e mínimas de cotización sobre as que se aplica o tipo de cotización. Non obstante, no Réxime Especial as bases non difiren en función da categoría profesional do traballador e tan só existe un tipo de cotización.

A base máxima aplicable no Réxime Especial para o 2001 ascende a 415.950 pesetas (2.499,91 euros) mensuales e a base mínima é de 118.470 pesetas (712,04 euros) mensuales, de tal maneira que as persoas que causen alta neste réxime poden elexir a base de cotización entre a máxima e a mínima establecidas, sempre que opten por unha delas no prazo sinalado para cursa-la alta.

A elección das bases de cotización é diferente segundo a idade do traballador:

- Os traballadores que, o 1 de xaneiro do 2001, tiveran 50 ou máis anos cumpridos, verán limitada a posibilidade de opción á cuantía máxima de 222.000 pesetas (1.334,25 euros) mensuales, salvo que con anterioridade viñeran cotizando por unha base superior, puidendo, neste caso, mantela.

- Os traballadores menores de 50 anos en esa data, poden elexir dentro dos límites comprendidos entre a máxima e a mínima.

O tipo de cotización que se aplicará sobre a base elexida será dun 28,30 por cen, pero cando o traballador opte por non acollerse á protección por Incapacidade Temporal, o tipo de cotización será do 26,5 por cen.