ANTERIOR
INDICE
SEGUINTE
V. Seguridade social dos traballadores por conta propria : Empresarios Individuais e Professionais
5.5 Acción Protectora


- Prestacións

A acción protectora deste Réxime comprende as seguintes prestacións:

- Asistencia sanitaria.
- Incapacidade Temporal.
- Maternidade.
- Incapacidade Permanente (total, absoluta e grande invalidez).
- Xubilación.
- Morte e supervivencia.
- Prestación por fillo a cargo.
- Asistencia social.
- Servicios sociais.

Polo que respecta ás prestacións de asistencia sanitaria, maternidade, morte e supervivencia, familiar por fillos a cargo, asistencia social e servicios sociais otórganse nas mesmas condicións que no Réxime Xeral.

Sen embargo, existen diferencias en canto á acción protectora que afectan principalmente á prestación de desemprego, inexistente neste Réxime Especial; a Incapacidade Temporal; determinados tipos de invalidez non cubertos polo Réxime Especial; e por último, a xubilación, onde as condicións difiren tanto polo que respecta á idades mínima establecida como ó cálculo da cuantía da pensión.

1. Desemprego

Trátase da maior diferencia que separa ó Réxime Especial do Réxime Xeral, posto que non se contempla esta prestación no Réxime de Autónomos.

2. Incapacidade Temporal

Os traballadores autónomos, no momento de causar alta na Seguridade Social, poden excluirse voluntariamente da súa cobertura, e neste caso, o tipo de cotización aplicable é reducido.

Ademáis, o dereito ó subsidio devéngase, tanto no caso de enfermidade como no caso de accidnete, a partir do decimoquinto día da baixa no traballo.


3. Incapacidade permanente

O Réxime de Autónomos non cubre as continxencias de incapacidade permanente parcial, nin lesións permanentes non invalidantes

4. Xubilación

A idade mínima de xubilación é de 65 anos sen que exista a posibilidade de xubilación anticipada.