V. Seguridade social dos traballadores por conta propria : Empresarios Individuais e Professionais
|
||
5.7 Trámites no caso de que o empresario individual / profesional (sexa ou non fronteirizo) queira contratar traballadores. | ||
- Tramitación Para que o empresario individual poida contratar traballadores, terá que inscribirse como empresa na Seguridade Social, e afiliar, no seu caso, e dar de alta ós mesmos, cos requisitos, formalidades e nos prazos establecidos no Real Decreto Lexislativo 1/1994, do 20 de xunio, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social e no Real Decreto 84/1996, do 26 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento Xeral sobre inscrición de empresas e afiliación, altas, baixas e variacións de datos de traballadores na Seguridade Social. Solicitude de inscrición. A solicitude de inscrición tense que formular no modelo oficial TA.6, que está a disposición dos cidadáns nas dependencias administrativas da Tesorería Xeral da Seguridade Social. Asimesmo, no propio acto de formula-la citada solicitude, o empresario debe facer consta-la Entidade Xestora ou colaboradora pola que opta tanto para a protección das continxencias profesionais como para a cobertura da prestación económica por incapacidade temporal derivada de continxencias comúns, respecto dos traballadores que empregue. á solicitude de inscrición deberá acompañarse o documento nacional de identidade do empresario individual Práctica da inscrición A inscrición do empresario practícase no propio acto de presentación da solicitude. Asimesmo, é obrigatoria para o empresario a comunicación de variacións nos datos consignados ó formula-la solicitude. Concretamente: - Cambio do nome da persoa física. - Cambio do domicilio legal do empresario. - Cambio da entidade que cubra as continxencias de accidentes de traballo e enfermedades profesionais. - Cambio da actividade económica, e, en xeral, calquera outra variación que afecte ós datos declarados con anterioridade. O modelo utilizado ó efecto é o TA-7. Afiliación, alta e baixa dos traballadores (i) Os empresarios están obrigados a solicita-la afiliación á Seguridade Social dos traballadores ó seu servicio, a non ser que estiveran xa afiliados. A afiliación formalízase a nome de cada traballador ante a Administración da Seguridade Social da provincia na que figure o centro de traballo, e debe solicitarse con anterioridade á iniciación da prestación de servicios dos traballadores. (ii) As altas e baixas dos traballadores comunícanse necesariamente mediante os correspondentes modelos oficiais de solicitude TA-2. As solicitudes de alta deben presentarse polo empresario con carácter previo ó comenzo da prestación de servicios e teñen que ir firmadas polo traballador e polo empresario. As solicitudes de baixa e de variacións de datos dos traballadores deben presentarse no prazo de seis días naturais seguintes ó do cese no traballo ou de aquél no que a variación se produzca. |