ANTERIOR
INDICE
SEGUINTE
V. Seguridade social dos traballadores por conta propria : Empresarios Individuais e Professionais
5.8 Outras obrigas laborais.


- Comunicación de apertura do centro de traballo

O empresario ten a obriga de comunicar á Dirección Provincial do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, ou ás Unidades Administrativas correspondentes das Comunidades Autónomas, tanto a apertura dun centro de traballo, coma a reanudación da súa actividade, alteracións, ampliacións ou transformacións de importancia, a efectos de comproba-lo cumprimento de normas sobre seguridade e hixiene no traballo e da lexislación social en xeral.

A comunicación ten que realizarse dentro dos trinta días seguintes á apertura do centro de traballo, mediante modelo oficial establecido ó efecto.