|
ANTERIOR
|
||
|
Introdución
|
||
A fronteira entre o Norte de Portugal e Galicia rexistrou, nos últimos anos, un significativo aumento da mobilidade social e económica, principalmente despois da entrada de España e Portugal na Comunidade Europea, proceso que se incrementará, sen dúbida, coa definitiva adopción da moeda única que potenciará a formación dun espacio económico común. Esta permeabilidade da fronteira enfronta diariamente a empresarios e traballadores cunha sobreposición de lexislacións e de costumes diferentes. é por isto polo que necesitan información e consello para dar superados os atrancos que este descoñecemento xera. Consciente desta situación, o Servicio EURES Transfronteirizo Norte de Portugal-Galicia, en estreita colaboración coas asociacións empresariais parceiras, elaborou este traballo que pretende achegar algunhas informacións útiles a aquelas persoas interesadas en exerce-la súa actividade laboral como empresarios ou profesionais, ó outro lado da fronteira. Esperamos que o presente documento constitúa un instrumento útil para os usuarios deste servicio. Esta Guía foi elaborada en base á normativa vixente en Xaneiro de 2001. |
||