I. O SISTEMA EDUCATIVO E DE FORMACIÓN PROFESIONAL EN GALICIA |
I.2. A Formación Profesional en Galicia |
I.2.3. FORMACIÓN PROFESIONAL CONTÍNUA Referímonos con Formación Profesional Contínua a aquelas ensinanzas de Formación Profesional que están dirixidas á poboación que xa está exercendo unha actividade dentro do mundo laboral. Tanto no caso da Formación Profesional Ocupacional como da Formación Profesional Contínua, estamos a referírnos a realidades formativas no ámbito da educación non formal, ou non regrada. |