III. SISTEMA XERAL DE EQUIVALENCIAS - Desplazamento no sentido Portugal-Galicia |
III. SISTEMA XERAL DE EQUIVALENCIAS
DESPLAZAMENTO NO SENTIDO PORTUGAL-GALICIA A Convalidación e a Homologación en España de títulos estranxeiros non Universitarios, está regulada no Real Decreto 104/1988 de 29 de xaneiro, sobre Homologación e Convalidación de títulos e estudios estranxeiros de educación non universitaria (B.O.E. de 14 de febreiro de 1988) (Ver anexo V: Lexislación Referente á Convalidación e Homologación de Estudios e Títulos). Neste capítulo trataremos o proceso de convalidacións e/ou homologacións de títulos obtidos en Portugal, para o ingreso ou o proseguimento de estudos no ensino secundario, así como para o exercicio dalgunha actividade profesional. Comezaremos definindo e diferenciando cada un dos conceptos mencionados:
A homologación e a convalidación de títulos pode ser solicitada por calquer cidadán español ou estranxeiro que teña cursado estudios ou obtido un título oficial nun centro oficial autorizado. Para proceder á convalidación ou homologación de títulos ou estudios, o expediente debe responder a algún dos seguintes supostos:
Como se pode apreciar a continuación, o proceso para solicitar a homologación ou a convalidación de títulos e estudios estranxeiros polos correspondentes españois é semellante, independentemente cal sexa o nivel ó que se pretenda acceder. Sen embargo, para que o proceso resulte máis claro, a continuación vamos a explicar o proceso segundo a etapa educativa á que se pretenda acceder. * E importante destacar que para as/os alumnas/os estranxeiras/os que queiran incorporarse ó Sistema Educativo Español en Educación Primaria ou nos tres primeiros cursos da Educación Secundaria Obrigatoria non terán que facer ningunha solicitude fóra do centro onde se queira incorporar xa que os trámites de solicitude e a incorporación se fará directamente no propio centro, no curso que lle corresponda segundo a idade. |