IV. SISTEMA XERAL DE EQUIVALENCIAS - Desprazamento no sentido Galicia-Portugal |
IV.7. - Ingreso no sistema de ensino secundario - Cursos das Escolas Profesionais |
IV.7. INGRESO NO SISTEMA DO ENSINO SECUNDARIO CURSOS DAS ESCOLAS PROFESIONAIS
Este tipo de formación posúe un carácter marcadamente profesional, predominando a compoñente técnica, en detrimento dunha compoñente de formación xeneralista. Tal como se mencionou, unha vez superado este ciclo obténse o grao de formación de Nivel III, podendo así o alumno acceder de inmediato ó mundo do traballo. Tamén dá a posibilidade de acceder ó ensino superior (universitario ou politécnico), malia que o seu carácter práctico determine unha vocación especialmente orientada ó ensino superior politécnico. Ó contrario dos cursos xerais ou tecnolóxicos, a oferta dos cursos das escolas profesionais é alterada tódolos anos. Isto é debido ó feito de que, ó seren ciclos eminentemente orientados á vida activa, a súa creación/mantemento dependen das necesidades existentes no tecido empresarial. Así, as escolas profesionais envíanlle ó Ministerio da Educación, con regularidade, as súas propostas para a creación de ciclos e mailos respectivos planos de estudios, que dependen da homologación gobernamental para seren implantados. Neste contexto, encontramos en Portugal, e no caso da vertente do norte de Portugal, unha oferta formativa bastante ampla, que se pretende que responda ás necesidades efectivas de formación profesional. Para acceder a este tipo de ensino, o alumno estranxeiro debe seguir tódolos trámites descritos para os cursos xerais, debendo ser solicitada a obtención de equivalencias na escola profesional que imparta o ciclo escollido. Dado que, como se indicou, a oferta non é só moi variada, senón que tamén é modificada regularmente, é aconsellable que o alumno estranxeiro consulte a lista de escolas profesionais e ciclos aprobados para o ano lectivo en curso, lista esa que se encontra disponible no site do Ministerio da Educación Departamento do Ensino Secundario. A título indicativo, incluímos en anexo (anexo 3) a lista das escolas e dos respectivos cursos en vigor no ano lectivo 2001/2002 na Rexión do Norte de Portugal. Por último, saliéntase o feito de que, polo menos na xeneralidade dos casos, estes ciclos permítenlles ós alumnos obter unha bolsa de formación para os gastos de alimentación e desprazamento, dependendo de factores como ingresos da familia do alumno e distancia entre o centro de formación e a súa residencia. Isto debe ser tratado na propia escola. |