V.- CASOS PRACTICOS |
V. CASOS PRÁCTICOS
1. Desplazamento no sentido Portugal-Galicia João, obtivo na Escola Profesional de Aveiro o título de Técnico en Informática de Xestión, agora quere ir a vivir a Pontevedra (Galicia) e polo tanto homologar os seus estudios cos correspondentes españois para así poder exercer a súa profesión. ¿Qué ten que facer? Alexandra comezou os seus estudios de Técnico de Informática na Escola Profesional de Braga e decide ir a vivir a Ourense (Galicia) e continuar alí os seus estudios. Alexandra ten que solicitar a convalidación dos mesmos polos correspondentes en España, para así poder proseguir os seus estudios en Galicia. ¿Que ten que facer? 2. Desplazamento no sentido Galicia-Portugal Xoan, que posúe o título de formación profesional específica de grao medio en Cociña, exerce a actividade de cociñeiro nun hotel en Pontevedra. Sen embargo, Xoan pretende pasar a exercer a súa profesión nun hotel da cidade do Porto sendo necesario, para tal, obter o recoñecemento da súa cualificación profesional por parte das autoridades competentes en Portugal. ¿Qué facer? Ana, Técnica de Radioterapia en Vigo, pretende exercer a súa profesión en Braga. Ana realizou un ciclo de formación profesional específica de grao superior (FPE) en radioterapia en España. En Portugal, só se permite o acceso ó exercicio da tal profesión a individuos que posúen un título universitario impartido nas facultades de saúde (establecementos de ensino superior) ou equivalente legal. ¿Que debe facer Ana? |