V.- CASOS PRACTICOS
V.1.- Desplazamento no sentido Portugal - Galicia
V.1. DESPLAZAMENTO NO SENTIDO PORTUGAL-GALICIA

Caso 1.

João, obtivo na Escola Profesional de Aveiro o título de Técnico en Informática de Xestión, agora quere ir a vivir a Pontevedra (Galicia) e polo tanto homologar os seus estudios cos correspondentes españois para así poder exercer a súa profesión. ¿Qué ten que facer?

Para solicitar a homologación João pode dirixirse a un dos seguintes Organismos:

  • Subdelegación do Goberno de Pontevedra, onde vai a fixar a súa residencia, ou
  • Subdirección Xeral de Títulos, Convalidacións e Homologacións do Ministerio de Educación e Cultura.

No Organismo ó que acuda João debe presentar a seguinte documentación:

  • Solicitude oficial.
  • Certificación acreditativa da nacionalidade do solicitante expedida polas autoridades competentes do seu país.
  • Título ou diploma oficial do que solicita a homologación, ou no seu caso, a certificación oficial da superación final dos exames terminais correspondentes.

Todos estes documentos irán legalizados por vía diplomática e acompañados pola súa correspondente traducción oficial ó español*.

* A traducción poderase facer:

  • Por calquera Representación Diplomática ou Consular do Estado Español en Portugal.
  • Pola Representación Diplomática ou Consular en España de Portugal.
  • Por traductor xurado, debidamente autorizado ou inscrito en España.

Unha vez presentada toda a documentación será estudiado o expediente, e no caso de que haxa algunha irregularidade ou falte algunha documentación, seralle comunicado a Joao, para que no prazo de dez días poida entregar a documentación que falte ou amañar o erro.

Unha vez resolto expediente como máximo no prazo dun mes, se se resolve favorablemente entregaráselle a João, unha credencial, que terá os mesmos efectos ca posesión do título español correspondente co título portugués do que se solicita a homologación.