- Para a realización deste traballo leváronse a cabo tanto unha análise cuantitativa como cualitativa dos distintos aspectos en relación ás necesidades ocupacionais no espacio transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.
Os datos brutos obtidos a partir das enquisas necesitan ser convertidos en información mediante algunha transformación que resuma as principais características da mostra e que a súa vez sexa un indicador do comportamento das empresas da zona.
Para a análise dos resultados obtidos utilizáronse as distribucións de frecuencias e, nalgún caso, as medias como valor representativo da opinión dos empresarios. Nos casos nos que se analizaron as medias, analizóuse tamén a desviación típica para avalia-lo grado de fiabilidade das mesmas. Ademais dos valores estatísticos calculados a nivel global, tamén se calcularon os estatísticos para cada un dos sectores.
O tratamento e presentación da información baseouse nas seguintes técnicas e ferramentas:
- Análise descritiva a nivel global e para cada un dos sectores. Esta análise levouse a cabo en Excel, definindo unha gráfica tipo para a presentación da información correspondente a cada unha das preguntas.
- Análise mediante perfiles, que permite a análise de tendencias no que se refire ás necesidades ocupacionais das empresas.
A información manexada presentouse e discutiuse en diversos paneis de traballo que permitiron mellora-la interpretación dos distintos aspectos tratados e obte-la valoración de persoas coñecedoras da problemática existente no que refire ás necesidades ocupacionais das empresas.
Os paneis que se levaron a cabo son os seguintes:
- Paneis intersectoriais integrados polos seguintes empresarios e representantes de asociacións de empresas:
- Construcción: D. Andrés Sande. Xerente de Asoc. de Empresas de Materiais de Construcción (Asemaco).
Representante de CICCOPN: Centro de Formação Profissional de Industria da Construção Civil e Obras Públicas do Norte.
- Madeira: D. Guillermo de Luis Hermida. Consultor de Empresas.
- Metal-Mecánica: Dna.. Susana Rodríguez. Representante de Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime)
- Textil: D. Amador J. Pérez. Director Xerente Selmark
- TIC: D. Enrique Pérez Barros. Presidente da Asociación de Empresas Informáticas de Pontevedra (Aseimpo)
- Turismo: D. Carlos Rodríguez. Presidente Federación Provincial de Hostelería de Pontevedra.
- Panel de técnicos de institucións (conxunto Galicia-Norte de Portugal), o seu cometido foi aporta-la súa valoración sobre a metodoloxía e sobre as conclusións obtidas no estudio.
- Dra. Benvida Paço. Directora do Centro de Emprego de Valença
- D. Manuel José Ribeiro. Conselheiro Eures
- Dna. Ana Pascual. Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
- Dna. Reyes Gámez Guardiola. Instituto Galego de Novas Cualificacións
- Dna. Teresa González Ventín. Coordinadora Eures Transfronteirizo Galicia Norte de Portugal
|