| 3.- ENTORNO SOCIOECONÓMICO |
| 3.1.- Zona Fronteiriza galega |
3.1.3.- Paro por Provincias: Os datos das Oficinas de Emprego da Xunta correspondentes ó terceiro trimestre de 2001, poñen de manifesto que a diminución do desemprego rexistrado afectou ás catro provincias galegas. Nas provincias do sur de Galicia, fronteirizas con Portugal, a diminución foi a seguinte, pasouse en Ourense de 16.285 parados a 15.001 e en Pontevedra o descenso foi de 44.435 a 43.493 desempregados. Tanto en termos absolutos como relativos a maior diminución provincial producíuse en Ourense, onde o número de parados rexistrados disminuiu en 1.284 no terceiro trimestre, o que supuxo unha reducción do 7,8% do número de parados rexistrados. Referíndonos a cifras relativas, hai que dicir que as taxas de paro reducíronse en ambas provincias, Ourense en maior proporción, afectando a un 1.08% da poboación activa, pasando dun 12,01% a un 10,93%, e en Pontevedra baixou dun 11,13% a un 10,81% do terceiro trimestre do ano. Analizando datos interanuais sácase a mesma conclusión en ambas provincias, sendo a diminución en Pontevedra de 679 desempregados e en Ourense de 487. A diminución da taxa de paro pasou en Pontevedra dun 11,17% a un 10,81% e en Ourense dun 10,98 a un 10,93% da poboación activa. En canto ó paro rexistrado por sexo e por grupos de idade, comprobamos o seguinte: Na figura 3.4 (ver páxina seguinte) pódese ve-la evolución do paro na provincia de Pontevedra por sexos desde o ano 1981 ata o ano 2000, e se comproba que no caso feminino prodúcese un incremento gradual ata 1989, en que se mantén mais ou menos constante durante uns anos; en 1993 comeza descender lixeiramente ata a actualidade. Sen embargo, hai que destacar que desde o ano 1988, no que a taxa de paro feminino supera ó paro masculino, mantívose sempre por riba deste, agravándose a situación nos nosos días, en que a diferencia entre un e outro é superior ás 10.000 persoas. |