| 3.- ENTORNO SOCIOECONÓMICO |
| 3.1.- Zona Fronteiriza galega |
- No caso de Ourense, na figura 3.5 (ver página seguinte) obsérvase unha tendencia moi semellante á anterior. Comeza a década dos oitenta cunha cifra de paro feminino moi inferior á do masculino, pero esta cifra vaise incrementando progresivamente, case á par que o paro masculino, ata o ano 1988 no que se produce un punto de inflexión e comeza a descender levemente, tónica na que seguiu ata agora. Semellante é o caso do paro masculino, pero coa diferencia de que parte dunha cifra moito máis elevada que o paro feminino e, sen embargo, a pesar de aumentar durante uns anos, descende en maior proporción, e no ano 2000, volve a recuperar unha cifra semellante á de comezos da década dos oitenta. Tanto no caso da provincia de Pontevedra como na de Ourense comentamos que o paro feminino era moi inferior ó masculino ata os anos 1989-90. Esto débese fundamentalmente a que as mulleres, nesas datas, non accederan demasiado ó mercado laboral. No momento en que intentaron acceder ó mercado laboral, as cifras de paro feminino foron sempre superiores ás do masculino. |