| 3.- ENTORNO SOCIOECONÓMICO |
| 3.1.- Zona Fronteiriza galega |
Atendendo ó paro por idades, cabe sinalar que a situación en Pontevedra é semellante a a que se vive en Ourense e en Galicia en xeral, xa que os sectores de poboación máis desfavorecida seguen sendo os máis novos, e sobre todo os de poboación comprendida entre os 25 e os 39 anos. Este grupo rexistrou un aumento progresivo, cun lixeiro descenso desde o ano 1994 ata nosos días, acadándose case a cifra de 20.000 persoas desempregadas neste tramo de idade. As persoas que gozan dunha situación laboral máis estable, os grupos de corenta anos en adiante, son os que presentan uns valores máis constantes ó longo da evolución de todo o período analizado. Como se observa na figura 3.6 (ver páxina seguinte), o grupo que presentou máis movemento ó longo desta etapa foi o dos menores de 24 anos, xa que, se ben acadou en 1988 unhas cotas moi altas de paro, este reducíuse progresivamente ata a actualidade, ata o punto de que se atopa por debaixo da cifra de paro dos grupos comprendidos entre os 25 e os 54 anos. |