| 3.- ENTORNO SOCIOECONÓMICO |
| 3.1.- Zona Fronteiriza galega |
No caso do paro por idades na provincia de Ourense, na figura 3.7 (ver página seguinte) obsérvase que os que tiveron unha mellor evolución, e se atopan na actualidade mellor situados, son os menores de 24 anos, xa que, se ben chegaron a cotas moi altas, como no ano 1988, foron descendendo progresivamente ata situarse nun pouco máis de 2.000 parados no ano 2.000. Outro grupo que se mantén case constante, cunha baixa taxa de paro, é o dos maiores de 55 anos, que anque progresivamente aumentan desde o ano 1981, na actualidade atópanse cunha cifra de paro de preto de 3.000 persoas. Podería dicirse que as persoas que se atopan nunha situación máis desfavorecida son as que están comprendidas nun rango de idade entre 25 e 39 anos, xa que é neste tramo no que se localiza normalmente maior taxa de paro, que acadou as súas cotas máis altas nos anos 1987 e 1994 e, anque foi descendendo desde entonces, atópase na actualidade co maior número de parados, superior ós 6.000. |