| 3.- ENTORNO SOCIOECONÓMICO |
| 3.2.- Zona fronteiriza portuguesa |
Ó longo da década de 90, o Distrito ten rexistrado un crecemento poboacional relativamente significativo (4.8% no período 91/98), comparándoo co valor do Grande Porto (2.9%) é bastante máis elevado que comparado co crecemento verificado para País (1.1%). No que respecta a evolución da poboación no período 1991/98 rexístrase, nos concellos rurais, os únicos valores negativos de evolución (-2.3% en Terras de Bouro, -3.2% en Vieira do Minho, -2.0% en Cabeceiras de Basto e 2.55% en Celorico de Basto), consecuencia, entre outras, do desprazamento de poboación para os centros máis urbanos do Distrito e do seu arredor. Os valores respectivos ó indicador densidade poboacional revélanse tamén, naquel conxunto de concellos, como os máis baixos (33 hab/km2, 69 hab/km2, 67 hab/km2 e 116 hab/km2, respectivamente). |