| 3.- ENTORNO SOCIOECONÓMICO |
| 3.2.- Zona fronteiriza portuguesa |
A distribución por idade é bastante idéntica entre os grupos de concellos máis representativos. Así, para o Cávado e Ave, a representatividade do grupo de idade [0-14] atinxía, para ambos, o valor de 20.4%, o grupo etário [15-24] rexistraba un peso semellante de 17.8%, diferindo pouco significativamente nos graos de idades "superiores". Unha vez máis, é ó nivel de desenvolvemento interno, a estructura etária do Distrito é fortemente condicionada polo comportamento individual de cada concello que o constitúe. Así, e retomando a problemática da dicotomía rural/ urbano patente no territorio distrital, obsérvase, para os concellos máis interiores e de características máis rurais, e en comparación cos outros concellos de carácter máis urbano, un peso superior do grao de idade [65, +] e unha expresión inferior do grupo erario da poboación en idade activa [25, 64]. A esta situación está asociados fenómenos de avellentamento máis acelerado da poboación, efecto conxunto do aumento do número de anciáns e da migración da camada de poboación en idade activa e en idade de ter fillos para outros centros urbanos. Os centros urbanos máis relevantes, desempeñan neste dominio, un papel máis favorable, rexistrando unha estructura etária fortemente representada polo grao [25, 64] en detrimento do grao superior, [65,+], que en todos eles revela un peso inferior a 10%. Relativamente a outros indicadores demográficos nomeadamente, taxa de natalidade, taxa de mortalidade e taxa de mortalidade infantil, os datos dispoñibles máis actualizados a penas permiten facer a comparación entre o Distrito de Braga e o territorio nacional (Continente). Así, pola lectura do gráfico, e segundo datos fornecidos pola SubRexión de Saúde de Braga (1998), a taxa de natalidade no Distrito de Braga presenta valores relativamente superiores ós do Continente, presentando simultaneamente valores de mortalidade relativamente inferiores. No que respecta á mortalidade infantil, o Distrito de Braga revela valores superiores á media xeral do Continente. En termos evolutivos, tense verificado, a nivel distrital, e a partir de 1996, unha certa estabilidade dos valores das taxas de natalidade e de mortalidade, sendo así que se ten vindo a asistir a unha diminución acelerada dos valores da taxa de mortalidade infantil. |