| 3.- ENTORNO SOCIOECONÓMICO |
| 3.2.- Zona fronteiriza portuguesa |
Comparando este distrito coa totalidade da rexión Norte, é de salientar que a diferencia máis significativa rexístrase no grupo erario de 65 ou máis anos, onde Viana do Castelo presenta unha porcentaxe bastante superior. No que se refire á distribución concellar da poboación por grupos etários, verifícase que os concellos de Melgaço, Arcos de Valdevez e Paredes de Coura son os que teñen unha maior porcentaxe de poboación con 65 e máis anos, sendo simultaneamente os que teñen menos poboación en idade activa (25-64 anos), permitindo apuntar para que sexan estes os concellos con máis problemas ó nivel do avellentamento da poboación. Deste modo, non constitúe unha sorpresa que o avellentamento da poboación no distrito de Viana do Castelo sexa moi superior á rexión Norte (135% para 68%). No que respecta a este índice por concello, Viana do Castelo e Ponte de Lima son os que presentan un índice máis baixo (88% e 81%, respectivamente). Polo contrario, o concello de Melgaço presenta o 217% de índice de avellentamento, seguido de Paredes de Coura, Arcos de Valdevez e Monção (co 170%, 168% e 167%, respectivamente). |