| 3.- ENTORNO SOCIOECONÓMICO |
| 3.2.- Zona fronteiriza portuguesa |
| Este índice de avellentamento pode deberse, en gran medida, á baixa taxa de natalidade. Segundo as fichas estatísticas publicadas pola CCRN, en 1997, este distrito presentaba unha taxa de natalidade media de 8%, bastante debaixo da media da rexión Norte (12%). Os concellos con maior taxa de natalidade son os máis urbanos, é dicir, Viana do Castelo, Ponte de Lima, Ponte da Barca e Caminha, que son, tamén, os que presentan unha taxa superior á media do distrito. Melgaço, Monção e Paredes de Coura son os concellos cunha taxa de natalidade que arredor do 6%, cerca de metade da media da rexión Norte. Respecto á taxa de mortalidade, verifícase unha inversión en relación á taxa de natalidade, é dicir, no distrito de Viana do Castelo é bastante superior do que na totalidade da rexión Norte (14% no distrito e 9% na rexión Norte). Os concellos do distrito en que a taxa de mortalidade é maior son Melgaço e Paredes de Coura (18% e 17%, respectivamente. Vila Nova de Cerveira (16%) e Arcos de Valdevez (15%) tamén presentan unha taxa moi elevada. Viana do Castelo e Ponte de Lima, son os concellos con menos mortalidade, presentando, así mesmo, unha taxa máis elevada do que a xeneralidade da rexión Norte (9% e 11%, respectivamente). |